InicioSociedadeDetido por agredir a súa parella a "cabezadas" en plena rúa

Detido por agredir a súa parella a “cabezadas” en plena rúa

Sucedeu no barrio da Residencia, na cidade de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron este domingo pola mañá a un mozo de 22 anos e nacionalidade venezolana, como suposto autor dun delito de violencia de xénero, por propinarlle varias “cabezadas” a súa parella na cara en plena rúa.

Segundo informou este corpo, a detención foi practicada por axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio, sobre as 13:00 horas, despois de que un veciño da cidade alertase a través do 092 de que se estaba producindo unha discusión subida de ton entre unha parella na vía pública, concretamente na rúa Serra de Gañidoira.

Ao chegar ao lugar indicado, os axentes comprobaron que o mozo lle propinou á súa parella, unha muller da súa mesma nacionalidade, “repetidos cabezazos no o rostro”, que lle impactaron na parte esquerda da cara e no nariz.

Unha patrulla trasladou ao detido a dependencias policiais para a instrución das dilixencias ao Xulgado de Garda, mentres que outro coche achegou á muller até un centro sanitario para recibir asistencia médica, dado que presentaba unha posible fractura do tabique nasal.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...