InicioSucesosAs familias das vítimas do crime do Cash Record volverán mobilizarse ante...

As familias das vítimas do crime do Cash Record volverán mobilizarse ante a falta de respostas

Non obteñen "respostas" da Audiencia Provincial de Lugo, a encargada das investigacións actualmente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As familias dos dous asasinados no coñecido como dobre crime do Cash Record, no polígono industrial do Ceao en Lugo, volverán mobilizarse despois de pasar máis de seis meses en que non obtiveron resposta da Audiencia Provincial de Lugo que agora é a encargada das investigacións.

Este dobre crime sen resolver desde 1994 xa levou ás familias do repoñedor Estebán Carballedo e a caixeira Elena López a protagonizar varias accións de protesta para impulsar unha investigación que estivo a piques de prescribir en 2014.

A irmá dunha das vítimas, Isabel López, criticou que non saben “nada”. “Seguimos esperando desde que pasou á Audiencia Provincial, que pensabamos que ían ser máis rápidos”, lamentou.

Por iso é que as familias estudarán volver saír á rúa. “Por un pouco de respecto iamos esperar a ver se se nos daba algunha resposta, pero eles (pola Xustiza) son os que nos esgotan porque nós o que queremos son respostas, estamos a expornos algo para reivindicar máis axilidade”, comentou.

Así mesmo, lembrou que, desde fai seis meses, “en principio é o presidente da Audiencia, José Antonio Varela Agrelo, o que a vai levar”. “Pero non sabemos nada máis”, apostilou. “Non nos contestaron a nada nin a nós, nin ao noso avogado. Seguimos sen saber nada, e imos ter que pensar facer algo para que nos contestan”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

Presentado o proxecto para crear oito novas rotondas de cara a axilizar o tráfico en Lugo

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo público o proxecto de...

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...