InicioSociedadeO Auditorio de Lugo estará operativo antes de que remate o 2019

O Auditorio de Lugo estará operativo antes de que remate o 2019

Tamén se puxo encima da mesa a posibilidade de facer un aparcadoiro subterráneo na praza que planea o Goberno galego na zona da estación de autobuses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, adiantou este mércores que o Auditorio de Lugo se podería entregar ao concello “antes de fin de ano”.

Esta foi unha das conclusións da reunión que mantivo o representante autonómico co primeiro tenente alcalde da capital da provincia, Rubén Arroxo (BNG), na que tamén se puxo encima da mesa a posibilidade de facer un aparcadoiro subterráneo na praza que planea o Goberno galego na zona da estación de autobuses, que se trasladará á localización da Intermodal.

En canto ao novo Auditorio, Balseiro dixo que xa estaba listo para a súa entrega e que vai depender “da conexión de enerxía e o tempo que leve facer os trámites que haxa que facer”. Ao tempo, subliñou que hai unha semana abonáronse 15 mil euros para a conexión eléctrica. Respecto do seu funcionamento, cre que “tranquilamiente” podería estar lista para antes de que finalice o 2019.

Polo demais, en canto ao aparcadoiro, Rubén Arroxo non escondeu que é unha “idea moi interesante” e “afecta a varias áreas do concello de Lugo” en termos de urbanismo.

A concellaría de Mobilidade, a cargo dos nacionalistas, exponse facer ese aparcadoiro subterráneo baixo a praza que programa o Goberno Galego na vella terminal de autobuses “case no centro de Lugo”.

Esta actuación, “permitirá avanzar na peonalización total do centro histórico e seguir avanzando na da Rolda da Muralla”, apunta Arroxo.

“Temos un punto estratéxico onde calquera veciño ou visitante á cidade poderá deixar o seu vehículo a metros da propia muralla” engadiu.

Outro dos compromisos que se adquiriu durante a reunión, na delegación da Xunta da rolda da Muralla, é “executar” a supresión dun “tapón urbanístico na rúa Fisterra” no barrio de Albeiros.

+ posts

ÚLTIMAS

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...