InicioSociedadeA alcaldesa di que o compromiso para o AVE a Lugo en...

A alcaldesa di que o compromiso para o AVE a Lugo en 2021 está no BOE

Lara Méndez asegura que xa está en marcha un investimento de máis de 200 millóns de euros para mellorar a conexión ferroviaria Lugo-Ourense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asegurou que o “compromiso” do Goberno para que a cidade quede conectada coa rede de alta velocidade a través de Ourense no ano 2021, tal e como dixo o ministro de Fomento, José Luís Ábalos, aparece reflectido no Boletín Oficial do Estado (BOE).

En declaracións aos medios de comunicación, a rexedora local lembrou que o anterior ministro de Fomento, Íñigo de la Serna (PP) “tamén falaba desa data” para a conexión de Lugo coa rede de alta velocidade, pero a diferenza é que agora ese compromiso aparece apoiado polo orzamento necesario.

Nese sentido, lembrou que neste momento está en marcha un “investimento de máis de 200 millóns de euros” para mellorar a conexión ferroviaria entre Lugo e Ourense, coa finalidade de reducir o tempo de desprazamento a Madrid en dúas horas.

“Ese compromiso está nos orzamentos” e está “no BOE”, dixo Lara Méndez, cos investimentos necesarios comprometidas.

Ademais, lembrou que ese mesmo compromiso está a plasmarse por parte do Goberno na construción da intermodal da cidade, dado que acaba de contratar a redacción do proxecto construtivo da estación de tren.

A alcaldesa precisou que esa infraestrutura é imprescindible para que os novos servizos ferroviarios cheguen a Lugo en condicións. EFE

 

ÚLTIMAS

Un cento de tractores toman Lugo contra o acordo UE-Mercosur e alertan da “desaparición” do sector primario

Un centenar de tractores percorreron este luns as rúas de Lugo para secundar a...

Rueda reta ao BNG a non facilitar a presidencia da Deputación de Lugo ao PSOE

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, retou ao BNG...

A defensa do asasino de Cristina Cabo solicita ao TSXG rebaixar a condena a homicidio e furto

A defensa do home de orixe colombiana condenado por matar á lucense Cristina Cabo...

Morren dúas persoas nun accidente de tráfico entre un camión e un turismo en Lugo

Dúas persoas faleceron este luns nun accidente de tráfico entre un camión e un...