InicioLugo e contornaLugoO segredo mellor gardado de Lugo: capital mundial da natureza

O segredo mellor gardado de Lugo: capital mundial da natureza

Un dos lucenses máis famosos dixérao non hai moito nunha campaña promocional turística: a sociedade luguesa destacouse na historia por agocharlle ó mundo, por razóns diversas que darían para un longo debate, os tesouros que gardan esta marabillosa cidade bimilenaria e a súa provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

No cibernético século XXI xa é inevitable recoñecer que temos a muralla máis incrible do planeta xunto ca chinesa, a única romana que conserva todo o seu perímetro… é inevitable recoñecer que somos unha das grandes capitais do Camiño de Santiago, un dos berces máis ricos da gastronomía ibérica, e en xeral un dos destinos de turismo cultural e histórico máis abraiantes do mapamundi… pero aínda seguimos gardando segredos.

Un felino do barrio do Carme (Lugo). Foto: Guido Álvarez Parga
Un felino do barrio do Carme (Lugo). Foto: Guido Álvarez Parga

Poucos turistas saben, poucos galegos saben, e incluso poucos lucenses saben que somos a única capital da Península Ibérica que habita dentro dunha Reserva da Biosfera UNESCO… e que significa iso? Pois nada menos que ser recoñecidos polo célebre organismo internacional como un dos lugares xeográficos representativos dos diferentes hábitats do planeta.

Cantas Reservas da Biosfera hai no mundo? 701 en 124 países. Cantas capitais provinciais, rexionais ou estatais están dentro delas? Moi moi poucas… e menos en Europa.

Pero non se trata só dos recoñecementos e dos premios… a gran marabilla coñecémola ben os lucenses e os habitantes de Lugo: gozamos da natureza día a día, sen darnos conta, entre as nosas rutinas urbanitas…

O río Miño ó seu paso por Lugo. Foto: Guido Álvarez Parga
O río Miño ó seu paso por Lugo. Foto: Guido Álvarez Parga

Vemos os cultivos dos nosos veciños en todos os barrios, paseamos por quilómetros e quilómetros de ríos que arrodean e atravesan o noso municipio, observamos aves e todo tipo de fauna nas nosas camiñadas, contamos con parques preciosos como Paradai, Rosalía de Castro, Paxariños, A Milagrosa ou Marcos Cela…

No ano 19 do terceiro milenio podemos dicilo xa: somos algo máis que unha das cidades con máis historia visible do mundo… somos capital mundial da natureza. Gocemos delo, e aproveitemos este argumento non só para potenciar o noso turismo, senón para potencialo dun xeito sostible, de calidade, ecolóxico… o turismo que todos queren e que xa non todos poden, un turismo que xere economía en paralelo ó desenvolvemento dun lugar onde gocen os que máis o merecen: os habitantes do lugar.

 

 

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...