InicioSociedadeA Deputación de Lugo contrata a teleasistencia a domicilio para maiores durante...

A Deputación de Lugo contrata a teleasistencia a domicilio para maiores durante dous anos

A portavoz socialista do bipartito, García Porto, lembrou que este servizo é "gratuíto" para maiores ou "persoas dependentes" e que se ampliará este ano "un 13 por cento".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista do bipartito da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, anunciou que a Xunta de Goberno provincial aprobou abrir o procedemento para a contratación do servizo de teleasistencia a domicilio por un prazo de dous anos e cun investimento de 750.000 euros. O obxectivo é atender a 1.795 maiores da provincia, fronte aos 1.500 que xa se atendían.

García Porto lembrou que este servizo é “gratuíto” para maiores ou “persoas dependentes” e que se ampliará este ano “un 13 por cento”.

A maiores, a portavoz socialista avanzou este venres que se celebrou tamén unha Xunta de Portavoces convocada polo presidente, Xosé Tomé, onde se pretendía “acordar unha declaración institucional, entre todos os grupos (PSOE, BNG e PP) que recollese o absoluto apoio, solidariedade e compromiso cos traballadores da central térmica das Pontes e Alcoa en San Cibrao e reclamar ás administracións que teñen competencias en industria, ao ministerio e á consellería da Xunta, unha iniciativa conxunta de reactivación económica a través dun plan industrial que favoreza o reequilibrio territorial”.

“Somos conscientes de que a emerxencia industrial que vive Galicia é un reto de país e, por tanto, cremos que o que debemos afrontar todos unidos, as institucións e a sociedade é un reto conxunto. Temos que ir todos a un e tentar fuxir dos xogos partidistas e electoralistas”, subliñou.

Neste encontro, que se producía logo de pedir un pleno extraordinario o PP para tratar a situación de Endesa, a portavoz popular, Elena Candia, non quixo ler o texto do documento, e limitouse a esgrimir que o “consultará” co seu grupo, segundo afirmou Pilar García Porto.

Agora, tanto socialistas como nacionalistas (os dous socios de goberno) buscan que se unan os populares. De feito, o portavoz do BNG, Efrén Castro, indicou que o que se persegue é un “acordo non partidista”. “Porque o que si é certo é que, aínda que nos temos que mover politicamente, esta é unha institución que non ten competencias en materia de industria”, resolveu.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...