InicioSociedadeMulta de 900 euros para un policía que atropelou accidentalmente unha octoxenaria

Multa de 900 euros para un policía que atropelou accidentalmente unha octoxenaria

A muller falecía hora e media despois do accidente tras ser trasladada ao Hospital Lucus Augusti.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un axente da Policía Local de Lugo aceptou unha condena ao pago dunha multa de 900 euros tras asumir a responsabilidade civil nun atropelo accidental cun coche oficial no que morreu unha octoxenaria.

Na vista celebrada este martes na sala segunda da Audiencia Provincial, o axente admitiu a súa culpabilidade tras un acordo entre as partes coa que evitou a responsabilidade penal no suceso.

Os feitos ocorreron ao redor das 14,00 horas do 8 de agosto de 2016, cando o procesado subiuse a un vehículo oficial que se atopaba estacionado sobre a beirarrúa e ocupando parcialmente un paso de peóns situado entre a rúa Pontevedra e a rúa Freixo da cidade de Lugo.

A vítima, que se dispuña a cruzar pola zona, foi arroiada polo vehículo cando este daba marcha atrás. A octoxenaria falecía hora e media despois do accidente tras ser trasladada ao Hospital Lucus Augusti.

Durante a vista, avogado do axente aproveitou para, en nome do seu cliente, lamentar os feitos, que atribuíu a “un accidente sen outra cuestión”.

O letrado precisou que se trata dun caso que se produce mentres o policía fai “exercicio das súas funcións”. “Se non fóra así isto veríase no xulgado do penal, pero polo feito de estar no exercicio das funcións de policía por iso a audiencia é a competente”, indicou.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...