InicioSociedadeColocan 200 sensores nas rúas de Lugo para informar das prazas de...

Colocan 200 sensores nas rúas de Lugo para informar das prazas de aparcamento libres

Este sistema comezará a funcionar en breve, aínda que será aínda en fase de probas, para comprobar se realmente resulta de utilidade aos condutores e axuda a desconxestionar o tráfico na cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo iniciou a colocación dos sensores e dos paneis multimedia dun proxecto piloto para que os condutores que circulan pola cidade teñan información en tempo real sobre as prazas de aparcadoiro que hai libres nas distintas zonas do centro urbano.

Segundo informaron fontes do goberno local, para desenvolver este proxecto piloto, xa se colocaron sensores nunhas duascentas prazas de aparcadoiro de distintas zonas da cidade e comezou a instalación dos paneis informativos en lugares estratéxicos.

Este sistema comezará a funcionar en breve, aínda que será aínda en fase de probas, para comprobar se realmente resulta de utilidade aos condutores e axuda a desconxestionar o tráfico na cidade.

Trátase dunha das iniciativas contempladas no proxecto de Lugo Smart City, que conta con máis de catro millóns de financiamento por parte da Unión Europea.

Cando este sistema estea a funcionar, os condutores poderán descargar unha APP nos seus móbiles e ter información en tempo real nos seus terminais sobre as prazas de aparcadoiro libres en cada momento en distintas zonas da cidade. EFE

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...