InicioSociedadeA Policía entra nun ensaio da banda municipal de música de Lugo...

A Policía entra nun ensaio da banda municipal de música de Lugo para identificar ao director

O PP critica que concello poida ter unha persoa traballando en dependencias municipais sen ningún tipo de contrato.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular informou que axentes da Policía Local de Lugo, acompañados por membros da xunta de persoal do Concello, interromperon un ensaio da banda de música para identificar á “persoa que estaba a exercer como director”, por supostas “irregularidades” na súa “situación laboral”.

Segundo informou a concelleira Beatriz Vázquez, edís do Partido Popular estaban a realizar unha das visitas programadas a diferentes servizos municipais cando se atoparon con este “esperpento”. “O que nos atopamos onte cando fomos ao ensaio da banda foi un esperpento. Os músicos que estaban tiveron que parar porque o seu director plantounos”, dixo a edila, porque “ao parecer hai irregularidades” na súa situación laboral, “o que motivou que se presentase a xunta de persoal coa policía para levantar acta”.

Ao seu xuízo, “parece que cada vez imos a peor”, porque “o novo goberno local quería contratar a alguén para que a banda tocase no San Froilán e resulta que unha xestión tan común e simple non se fixo correctamente”. Por iso, preguntábase “que repercusións legais e económicas podería” ter que asumir o Concello por “ter unha persoa traballando en dependencias municipais sen ningún tipo de contrato, como dan a entender que ocorre”.

“Que responsabilidades penais poderían ter os membros do goberno por esa orde?“, insistiu. Desde o seu punto de vista, “é unha pena que durante décadas deixouse morrer unha banda con tanta fama como a de Lugo, que leva xa tres anos sen dirección e cos músicos en precario”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo estreará prazas de estacionamento exprés xunto ás farmacias e estuda sumar seis novos taxis

O Concello de Lugo porá en marcha nos próximos meses un conxunto de medidas...

Acepta dous anos de prisión por violar a unha amiga borracha e medicada contra a ansiedade

O acusado dunha agresión sexual cometida en Lugo en xuño de 2024 aceptou este...

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...