InicioDeportesAxuda ao Lugo Lions, un equipo de fútbol americano que quere competir...

Axuda ao Lugo Lions, un equipo de fútbol americano que quere competir na liga galega

Lanza unha campaña de crowdfunding para acadar 5.250 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Lugo Lions é un club de Flag Football (Fútbol Americano sen contacto), creado a mediados do 2018 por exjugadores e exjugadoras provenientes doutros equipos de Flag Football, que se mudaron a Lugo por motivos laborais ou académicos. Hoxe xa son máis de 16 membros, tanto homes como mulleres.

A principios do 2020, este clube comezará a competir na Liga Galega de Flag Football (categorías mixta e feminina), así como outro tipo de torneos durante o resto da tempada. Pero, para poder fronte a esta situación, piden a axuda de afecionados e non afecionados a este deporte.

Por iso, decidiron lanzar unha campaña de crowdfunding para acadar 5.250 euros. Son os cartos que precisan para material deportivo, inscricións na liga e arbitraxe, fichas deportivas e seguros, equipamentos, desprazamentos e alugueiro de pavillóns deportivos onde competir.

“A través das distintas achegas, a partir de 1€, podedes colaborar co equipo axudándonos a lograr o noso obxectivo de competir na liga Galega de Flag Football na tempada 2019-2020”, apuntan desde o clube. Os que decidan axudar poderán conseguir camisolas e gorras do equipo. Os e as interesadas poden participar no crowdfunding nesta ligazón.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...