InicioEconomíaTableros Hispanos investirá 40 millóns na fábrica de Nadela

Tableros Hispanos investirá 40 millóns na fábrica de Nadela

A empresa procura maior eficiencia e respecto medioambiental, e engadir unha nova liña de melanina – Conta con 135 traballadores e exporta a metade da producción

PUBLICADA O

- Advertisement -

Catro anos despois de facerse cargo das instalacións da vella Tablicia, o Grupo Martín revertiu a situación crítica da empresa e afronta agora un investimento de 40 millóns de euros na fábrica de Nadela, na parroquia lucense de San Xoán de Pena. A actual Tableros Hispanos realiza este esforzo para mellorar a eficiencia e o respecto medioambiental, e engadir unha nova liña de melanina.

Segundo salientou o conselleiro de Economía, Francisco Conde, a modernización significa a “vocación de permanencia” deste proxecto industrial en Lugo. A fábrica conta con 135 empregados e está especializada na distribución de derivados da madeira. Na actualidade, a metade do negocio chega da exportación a América Latina, Portugal e Estados Unidos.

O novo plan de mellora incorpora coma recurso enerxético a biomasa e aspira a mudar en referente da economía verde. Coa nova liña de melanina e a posta ao día das instalacións de Nadela, Tableros Hispanos aspira a consolidar as vendas do mercado nacional e tamén a exportar novas medidas e deseños de taboleiros.

Dende a Consellería de Economía, Emprego e Industria valorouse o liderado de Galicia na industria madereira estatal, con preto de 3.000 empresas. O 37 por cento do total pertencen á primeira transformación, mentres que o 63 por cento restante ocúpase da segunda. A Axencia Galega de Industria Forestal procura que este eido siga a medrar, achando novas formas de valor engadido, e trasladar no futuro este liderado galego ás empresas punteiras de carpintaría e o deseño.

Conde insistiu asemade en que as administracións deben acompañar o esforzo que realiza o tecido empresarial autóctono para gañar en competitividade. O conselleiro defendeu a nova Lei de Implantación Empresarialcoñecida na oposición coma Lei de Depredación– para facilitar o crecemento coa reducción da burocracia e a fiscalidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Lanzamento de moedas e berros de “traidora” nun pleno bronco que certifica a nova maioría en Lugo

Varios centenares de persoas, convocados pola plataforma 'Transfuguismo non, Democracia si', concentráronse este xoves...

O PPdeG insta a BNG e PSOE a frear a súa “escalada de odio” en Lugo: “A xente apoia a moción de impulso”

O Partido Popular instou este xoves ao BNG e ao PSOE a frear a...

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Detido en Lugo un home por tentar agredir con dous coitelos á parella da súa exmoza

A Policía Local de Lugo detivo a un home por tentar agredir con dous...