InicioPolíticaO PSOE e o BNG teñen case pechado o pacto para gobernar...

O PSOE e o BNG teñen case pechado o pacto para gobernar na Deputación de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O acordo entre o BNG e o PSdeG para formar un goberno de coalición na Deputación de Lugo está preto, pero aínda non está pechado, segundo informou a EFE un dos deputados provinciais nacionalistas, Efrén Castro, que está a participar nas negociacións cos socialistas.

“Seguimos avanzando, pero nos acordos, ata que están asinados, non se pode dar nada por feito”, dixo o deputado nacionalista, quen en todo caso mostrouse convencido de que se a negociación segue “así”, ambos os partidos chegarán “a un pacto” para gobernar na Deputación durante o próximos catro anos.

En canto ao transcurso das conversacións, despois de dúas reunións formais entre ambos os partidos, recoñeceu que “sempre hai tiras e afrouxas” nunha negociación deste tipo, pero de momento non apareceu “nada insalvable”.

A data límite para pechar o acordo é o propio pleno de constitución da corporación provincial, que se celebrará este xoves -día 18 de xullo- a partir das 12:00 horas. “Se seguimos avanzando ben, o acordo podería quedar pechado mañá“, dixo Castro, aínda que tamén afirmou que prefiren non dar nada por feito nin forzar os tempos, porque “até o pleno aínda hai tempo”

+ posts

ÚLTIMAS

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...