Home Lugo e contorna Lugo Christian Díaz renova o seu contrato co Breogán

Christian Díaz renova o seu contrato co Breogán

0
Christian Díaz renova o seu contrato co Breogán
O base breoganista Christian Díaz, nun lance do xogo. Foto de acb.com

O canario Christian Díaz continuará no Leite Río Breogán na LEB Ouro tras renovar o seu contrato co conxunto galego a pesar do descenso á categoría de prata do baloncesto nacional.

O Breogán anunciou este mércores o acordo ao que chegou coa base para que sexa o seu director de xogo na LEB Ouro.

O xogador, que ten 27 anos, chegou ao equipo lucense na tempada 2017/18, tamén na segunda categoría do baloncesto español, e foi un dos protagonistas do ascenso á liga Endesa.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here