InicioPolíticaO alcalde de Castroverde integrará a outra candidatura se é elixido secretario...

O alcalde de Castroverde integrará a outra candidatura se é elixido secretario provincial do PSOE

"Todos estamos no mesmo barco e todos temos o mesmo obxectivo", advirte apelando a outra candidatura, encabezada por Patricia Otero.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Castroverde, o socialista José María Arias, comprometeuse a integrar a outra candidatura, que encabeza a deputada autonómica Patricia Otero, se finalmente é elixido secretario provincial do PSOE a partir do 27 de xullo.

Estas declaracións prodúcense un día antes de que conclúa o prazo para a entrega de avais de cara a unha votación que se produciría o 20 de xullo, unha semana antes do congreso provincial convocado tras a dimisión do anterior secretario provincial, Álvaro Santos.

Entre un 3 e un 6 por cento, como máximo, dos máis de 1.800 militantes son os apoios que teñen que lograr ambos os candidatos, o que supón que deben ser entre 60 e máis de 100. No caso do alcalde de Castroverde, apresúrase en destacar que “non” é o importante, aínda que el xa recibiu máis de 200 avais.

Respecto dunha posible integración ou fusión de ambas as candidaturas, Arias afirma que por el “non hai problema ningún”. “Todos estamos no mesmo barco e todos temos o mesmo obxectivo”, advirte.

“DÚAS MANEIRAS DE VER O PARTIDO”

Arias apelou a que “simplemente son dúas maneiras de ver o partido, son dúas posturas diferentes”. “Eu non teño problema en integrar, Patricia é unha excelente compañeira“, enxalza.

O rexedor de Castroverde confesou que quere dedicarse “á provincia”, lembrando que no seu Concello conseguiu 8 concelleiros de 11 e que por tanto non sería inconveniente compaxinar ambas as actividades políticas.

“Eu perfectamente podo dirixir o partido, outra cousa é querer acaparar moitos cargos para non levar a provincia ben. Hai compañeiros na provincia que reclaman proximidade ao secretario provincial. Eu estou disposto a falar con Patricia (Otero), todos temos o mesmo obxectivo”, volveu a reiterar finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...