InicioSociedadeLugo pon en marcha o plan de roza da rede viaria máis...

Lugo pon en marcha o plan de roza da rede viaria máis extensa do Estado

Este plan, que se desenvolverá entre 2019 e 2020, dará emprego a autónomos e pequenas empresas da provincia, mentres se cumpre "o obxectivo" de "pór a punto os 4.300 quilómetros" das estradas dependentes da Deputación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo informou de que pon en marcha o plan de roza de rede viaria provincial máis extensa de España, que realizará en máis dunha quincena de municipios da provincia.

Nun comunicado, o Goberno provincial informa de que adxudicou actuacións que axudan a previr incendios, contribúen á seguridade viaria e á mellora da visibilidade.

Este plan, que se desenvolverá entre 2019 e 2020, dará emprego a autónomos e pequenas empresas da provincia, mentres se cumpre “o obxectivo” de “pór a punto os 4.300 quilómetros” das estradas que dependen da Deputación de face ao verán.

Os traballos, que comezarán en próximos días, conta cunha partida de case 2,5 millóns de euros. De tal forma, actuarase nos municipios de: Burela, Cervo, Foz, O Valadouro, Alfoz, Castro de Rei, Pol, Meira, Lugo, Guntín, Friol, O Páramo, Paradela, Sarria, Taboada e O Saviñao.

+ posts

ÚLTIMAS

Restrinxida a circulación nunha estrada de Cervantes por unha gran focha

Unha focha rexistrada na estrada LU-P-1402, que une San Martiño da Ribeira con Vilaquinte...

O BNG pedirá recursos para a reparación da muralla de Lugo e reclama que se cumpra co Plan Director

Os edís nacionalistas no Concello de Lugo, encabezados polo tenente de...

Lugo Monumental pide ao Concello corrixir o estado de “abandono” da zona histórica

A asociación Lugo Monumental considera preocupante que en dous meses e medio o Concello...

Carmela López destaca o labor do Museo Comarcal da Fonsagrada, recoñecido co Butelo de Ouro

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este domingo xunto ao Alcalde...