InicioLugo e contornaLugoA Xunta destina case 900.000 euros para reformas en 55 colexios e...

A Xunta destina case 900.000 euros para reformas en 55 colexios e institutos de Lugo

Trátase de obras de accesibilidade, seguridade, aforro enerxético, luminarias, mellora das instalacións e novos equipamentos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta destinará 890.000 euros para obras de reforma, ampliación e mellora en 55 colexios e institutos de 31 municipios da provincia de Lugo.

Así o  informou este luns o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, quen deu conta de que 623.000 euros irán para arranxos en 42 colexios, mentres a contía restante -máis de 250.000- se destinará a melloras en 13 institutos. En concreto, faranse obras de accesibilidade, seguridade, aforro enerxético, luminarias, mellora das instalacións e novos equipamentos.

Por zonas,  A Mariña recibirá 277.500 euros co fin de mellorar 17 centros en nove municipios. Na Terra Chá serán nove centros -162.000 euros-, mentres que para o sur da provincia van 127.000 euros que se repartirán entre unha decena de centros. Por último, na “zona centro” contémplase intervir en 19 colexios e institutos con 328.000 euros. Entre eles, Balseiro subliñou que se reservan 181.000 euros para a cidade de Lugo para actuar en sete colexios e tres institutos.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...