InicioPolíticaA Xunta anuncia rehabilitacións na Tinería malia o 'bloqueo' do Concello

A Xunta anuncia rehabilitacións na Tinería malia o ‘bloqueo’ do Concello

O delegado territorial anuncia a contratación de dúas novas obras en edificios na Tinería mentres o Partido Popular alega obstrucionismo do goberno de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno autonómico mantén o compromiso co barrio lucense da Tinería. Esta é a mensaxe do delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que vén de anunciar a formalización de dous novos contratos de rehabilitación na zona. A dobre actuación xa está recollida no Diario Oficial de Galicia, mais non poderá comezar nun dos bloques afectados pola falla de licenza municipal.

Esta situación é unha constante, polo que tanto o delegado autonómico coma o voceiro local do Partido Popular saíron nas últimas horas a denunciar a paralización destes investimentos. O representante dos populares lucenses, Antonio Ameijide, fala dunha “obsesión” do Concello por bloquear os proxectos da Xunta, movemento que atribúe aos “complexos” co partido que goberna a máxima institución galega.

Nestes intres, a Xunta ten formalizados os contratos para Rúa da Tinería 30 (por valor de 182.000 euros) e en Recanto do Miño 11-13 (140.000 euros). Con todo, esta segunda obra non comezará polo de agora por carecer de licenza municipal, aínda que foi solicitada en novembro de 2016, segundo informou Balseiro. Á espera estaría tamén a obra en Tinería 15, xa adxudicada por 635.000 euros pero tamén sen licenza pola esixencia de axustes no proxecto presentado. Outro inmoble afectado é o de Recanto do Miño 17, pendente de adxudicación e aínda sen permiso municipal.

Dende a Xunta aseguran que as taxas para as licenzas están pagadas e que xa demandaron “dilixencia” ao Concello a medida que avanzaban os trámites. Pola súa banda, Ameijide asegura que o goberno local é o principal responsable das “trabas”, que ao seu xuízo afectan á realización das “promesas feitas aos lucenses”. Tal e como salientaron dende o Partido Popular, o obxectivo do executivo socialista é paralizar ou “poñer paus nas rodas” para retrasar os proxectos da Xunta en Lugo.

Polémica polo viveiro de empresas na Tinería

Os empresarios da barrio levan tempo tentando atraer a veciños e inversores á Tinería. A este fin contribúen os traballos de rehabilitación con fondos autonómicos e tamén pretende axudar o Concello. A través da Estratexia de Desenvolvemento Urbán Sostible e Integrador (EDUSI), con investimento europeo, o goberno local espera revitalizar a contorna do emblemático barrio. Precisamente, os socialistas acusan ao Partido Popular de abandonar os seus compromisos na zona. 

Agora existe tamén un programa para instalar un viveiro de empresas. O Concello arrendou á Xunta nove locais comerciais cun aluguer anual de 15.000 euros. Dende a alcaldía falan de gran interese pola iniciativa, pois rexistraron máis de 1.100 entradas na páxina para consultar as bases, aberta dende hai unha semana.

Porén, existen críticas a este proxecto. No PP lucense advirten de que as condicións para acceder a estes locais non son asumibles, polo alto custe de acondicionamento e o prazo máximo de catro anos sen posibilidade de prórroga. Por outra banda, recomendan mellorar os servizos de limpeza e seguridade no barrio.

ÚLTIMAS

O alcalde de Lugo pide unha reunión urxente a Rueda para desbloquear o Museo da Romanización

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, solicitou unha reunión urxente co presidente da Xunta,...

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...