InicioLugo e contornaLugoEcoloxistas presentan unha queixa ante a Valedora Pobo polo control de xabaríns...

Ecoloxistas presentan unha queixa ante a Valedora Pobo polo control de xabaríns en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre, CON-Ética, presentou unha queixa ante a Valedora do Pobo tras “meses esperando por unha resposta da Xunta de Galicia” sobre “información detallada” que xustifique o “suposto plan de control da poboación de xabaríns no municipio de Lugo”.

A plataforma explica que no mes de decembro, tras coñecer a intención da Xunta de Galicia de desenvolver medidas excepcionais de control da fauna na contorna de Lugo, rexistrou unha solicitude de información detallada, dirixida á xefa territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Margarita López Branco, sobre as circunstancias que xustificaron dita intervención.

Unha actuación, lembra CON-Ética, que mesmo expuña “a caza e morte sen excepción de exemplares de xabaril”. Entre outros datos, a plataforma solicitaba acceso aos estudos e informes nos que se fundamentan as causas que motivaron esta intervención “excepcional”, así como os documentos onde se avalían as “distintas alternativas e métodos” a aplicar e información sobre os incidentes ou sinistros de tráfico provocados por esta especie na contorna de Lugo.

Aínda que a solicitude incluía unha demanda de contestación urxente, dado “o carácter inminente das accións”, esa reclamación de información segue “sen contestación a día de hoxe”, polo que plataforma entende que a Consellería do Medio Ambiente está “faltando ao dereito á información” expresado na lei de Transparencia e Bo Goberno.

Forman parte de CON-Ética sete colectivos vinculados coa defensa dos animais, entre eles a organización ecoloxista ADEGA.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...