InicioEconomíaXunta e Concello de Lugo analizan un proxecto mellorar o Campo da...

Xunta e Concello de Lugo analizan un proxecto mellorar o Campo da Feira de Nadela

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse este luns coa alcaldesa de Lugo, Elena Candia, para analizar un proxecto para a adecuación do Campo da Feira de Nadela.Nun comunicado, a Xunta explicou que esta actuación permitirá mellorar as condicións de uso do recinto e, ao mesmo tempo, conservar os elementos existentes que forman parte da súa configuración.

A titular do Medio Rural destacou a importancia que teñen as feiras, xa que permiten que as persoas produtoras poidan pór a disposición da cidadanía uns produtos de excelente calidade. o caso concreto da feira de Nadela, sinalou que é unha das que se mantén ao longo do tempo e que ten moita demanda por parte dos veciños. Por iso, indicou que a colaboración cos concellos para impulsar e manter este tipo de infraestruturas é esencial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...