InicioEconomíaComunidade Montes de Outeiro recupera pistas co apoio da Vicepresidencia da Deputación...

Comunidade Montes de Outeiro recupera pistas co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

As actuacións concentráronse en dous tramos que dan acceso a ganderías e a parcelas agrarias e forestais desta propiedade comunitaria: na “pista de Naveira”, que comunica Naveira e Outeiro, e  no “camiño do monte”, entre Doel e Vilalvite, onde se localizaba o maior deterioro dos camiños, con zonas intransitables.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Arriba e Gándaras de Ceide de San Salvador de Outeiro, recuperou dúas  pistas fundamentais para a actividade gandeira da parroquia de Ombreiro, en Lugo,  coa colaboración da Vicepresidencia da Deptuacíon de Lugo

As actuacións concentráronse en dous tramos que dan acceso a ganderías e a parcelas agrarias e forestais desta propiedade comunitaria: na “pista de Naveira”, que comunica Naveira e Outeiro, e  no “camiño do monte”, entre Doel e Vilalvite, onde se localizaba o maior deterioro dos camiños, con zonas intransitables.

Os traballos centráronse na limpeza de laterais e cunetas, no rasamento e limpeza de firme,  na canalización de augas de escorrentía e  na aplicación de zahorra artificial. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro visitou as obras xunto a representantes da CMVMC e dos concelleiros Rubén Arroxo e Cristina López para comprobar de primeira man o  resultado das actuacións executadas nos últimos meses.

Efrén Castro destacou “a utilidade destas actuacións para o día a día da veciñanza de Ombreiro, tanto no que respecta a actividade gandeira como a desprazamentos entre distintos núcleos de poboación, que poden acurtar utilizando estas pistas” e valorou “a importancia da labor de xestión do territorio que desenvolve a comunidades de montes na contorna da cidade de Lugo”.

A actuación supuxo un investimento de 69.000 euros, financiados con fondos propios da mancomunidade -39.000 euros- e da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación, que achegou 30.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

Deteñen un home por ameazar a dúas persoas cun cúter e unha navalla en Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home como presunto autor dun delito...

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

A Deputación detrás dunha nova edición de Divulga T sobre ciencia no campus de Lugo

  DivulgaT- Petiscos de Divulgación Científica, unha iniciativa da Asociación de Investigadores AgroMar que busca...