InicioEconomíaO Goberno destina 8,8 millóns para mellorar o firme da A-6 en...

O Goberno destina 8,8 millóns para mellorar o firme da A-6 en Lugo e León

Para asegurar a fluidez do tráfico durante estas afectacións, habilitaranse itinerarios alternativos debidamente sinalizados

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable está a executar as obras da rehabilitación estrutural do firme na calzada esquerda da autovía A-6 entre os quilómetros 407 e 480,5, nas provincias de Lugo e León, cun orzamento vixente de 8,8 millóns de euros.

Por este motivo, e en aras de garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, o ministerio avisou de distintas afectacións para os próximos días.

Máis en concreto, desde este luns e ata o 13 de xullo, verase afectado o tramo entre os quilómetros 480,5 e 477,2, mentres que desde as 8,00 horas do luns 13 e a medianoite do mércores 5 de agosto o tramo afectado será entre os quilómetros 479,5 e 469.

A fase 3 será desde as 8,00 horas do martes 21 de xullo ata as 0,00 horas do luns 10 de agosto, e afectará o tramo entre os quilómetros 469 a 455,5; mentres que a fase 4, desde o luns 27 de xullo ata o xoves 3 de setembro, implicará desde o quilómetro 455,5 ata o 432.

Finalmente, entre as 8,00 horas do luns 31 de agosto e a medianoite do 21 de septiebre verase afectado o tramo entre os quilómetros 438,5 e 420, e desde o xoves 10 de setembro ata o martes 6 de outubro, entre os quilómetros 420 e 407.

Para asegurar a fluidez do tráfico durante estas afectacións, habilitaranse itinerarios alternativos debidamente sinalizados.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...