InicioEconomíaDeclaración negativa para o parque eólico 'Navallos', entre Castroverde e Baralla, por...

Declaración negativa para o parque eólico ‘Navallos’, entre Castroverde e Baralla, por efecto sobre avifauna

Para argumentar esta decisión, sobresae o informe desfavorable da Dirección Xeral do Patrimonio Natural, xa que resulta determinante" ao estimar que "o efecto sinérxico e acumulado sobre a avifauna e os quirópteros debe cualificarse como impacto ambiental crítico".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta formulou declaración de impacto ambiental desfavorable ao proxecto de parque eólico ‘Navallos’, en Castroverde e Baralla e promovido por Enel Green Power España, entre outros motivos, polo seu efecto sobre avifauna.

Conclúe que o proxecto non é ambientalmente viable ao identificarse “impactos adversos significativos sobre o medio ambiente derivados da súa execución”.

Para argumentar esta decisión, sobresae o informe desfavorable da Dirección Xeral do Patrimonio Natural, xa que resulta determinante” ao estimar que “o efecto sinérxico e acumulado sobre a avifauna e os quirópteros debe cualificarse como impacto ambiental crítico”.

Esa dirección xeral confirma que o aumento da densidade de aerogeradores xerará “probablemente” un efecto sinérgico, “principalmente de tipo baleiro e/ou barreira sobre a avifauna incompatible coas necesidades destas poboacións”, polo que conclúe que o proxecto presenta “impactos acusados sobre o patrimonio natural e a biodiversidade”, e por tanto ve “previsibles efectos adversos significativos sobre o medio ambiente”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...