InicioEconomíaA Deputación reivindica o talento das artesás como motor de futuro para...

A Deputación reivindica o talento das artesás como motor de futuro para o rural

Miguel Fernández participou na presentación da 5ª edición da Feira de Primavera de Emprendedoras, que este ano leva de título Artesanía e Innovación no Rural e que se celebrará na Praza Maior cun programa que inclúe mesas redondas e 25 postos

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este luns na presentación da 5ª edición da Feira de Primavera de Emprendedoras, organizada polo Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela e que se celebrará o vindeiro sábado, 30 de maio, na Praza Maior de Lugo baixo o título Artesanía e Innovación no Rural.

Durante o acto, o Deputado reivindicou “o talento e a capacidade transformadora das mulleres emprendedoras do rural lucense”, facendo especial fincapé na artesanía. “Porque a artesanía fala do oficio, do saber facer e da identidade dun territorio, pero tamén fala de innovación, de deseño, de sustentabilidade e de novas oportunidades”, sinalou Miguel Fernández.

Así mesmo, engadiu que “detrás de cada peza hai creatividade, horas de traballo e unha maneira de entender o mundo que pon valor no auténtico, no feito con coidado e no que nace da proximidade”. Neste sentido, defendeu o compromiso da Deputación cun rural “vivo, dinámico e con oportunidades”, no que o emprendemento conte con apoio institucional, visibilidade e espazos para o seu desenvolvemento.

O Deputado rematou destacando o protagonismo das mulleres participantes nesta edición, que contará con 25 postos de mulleres que exhibirán os seus produtos artesáns. “Esta feira serve precisamente para visibilizar o enorme talento que temos e para recoñecer o papel de tantas mulleres emprendedoras que están dinamizando o rural galego desde os seus proxectos”, apuntou.

Programa da xornada

A programación da quinta edición da Feira de Primavera de Emprendedoras inclúe dúas mesas redondas centradas na innovación e no futuro da artesanía, que se desenvolverán no seguinte horario:

• 11:00 – 11:45 h: Mesa redonda “Xuntas innovamos: cooperación e futuro na artesanía”
• 12:00 – 12:45 h: Mesa redonda “Artesanía circular e con propósito: posicionamento e potencial de vendas”

A xornada contará ademais cunha demostración artesanal a cargo da empresa Fusaiola, na que as persoas asistentes poderán coñecer técnicas básicas de tecido en teares de sobremesa de peite ríxido. A partir das 13:45 horas, o evento completarase cun espazo de degustación con food truck, música e ambientación.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Un total de dez ofertas presentáronse para construír as 152 novas vivendas públicas en Garabolos licitadas por 26,5 millóns

A Xunta de Galicia recibiu un total de 10 ofertas para construír 152 novas...