Home Economía Veterinaria acolle reunións de traballo da rede europea de apoio á apicultura

Veterinaria acolle reunións de traballo da rede europea de apoio á apicultura

0
Veterinaria acolle reunións de traballo da rede europea de apoio á apicultura

A Facultade de Veterinaria da USC acollerá a vindeira semana – o 3 e 4 de marzo – diversas reunións de traballo da  rede europea de apoio ao desenvolvemento sostibel da apicultura BeSafBeeHoney, formada por investigadores universitarios, centros de I+D , organizacións non gubernamentais e empresas de máis de 40 países.

Concretamente, a facultade lucense acollerá reunións de grupos de traballo centrados nas propiedades nutriconais e medicinais do mel, nas enfermidades prevalentes e factos que ameazan as colonias de abellas e nas consencuencias da pérdida destes insectos para os ecosistemas agrarios, nas que participarán  25 investigadores de universidades e centros de investigación de Portugal, Alemania, Polonia, Turquia, Serbia, Albania, Macedonia ou Arxelia,  e na que intervirán tamén produtores e representantes do sector na provincia e en Galiza

A actividade, impulsada desde a área de Producción Animal da Facultade de Veterinaria, contará co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que amplía así á investigación as súas iniciativas de apoio ao sector centradas, especialmente, en formación para as apicultoras e apicultores da man da Asociación Galega de Apicultura e da Casa do Mel de Goente.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here