InicioEconomíaA Deputación pecha dúas estradas entre Ourol e Muras mentres reabre a...

A Deputación pecha dúas estradas entre Ourol e Muras mentres reabre a cortada en Cervantes

Este xoves quedaron cortadas polo colapso de dúas pontes a LU-P-3807, que conecta Bravos e San Pantaleón por Foxo; e a LU-P-6502 entre Vilalba e Chavín pola Balsa; ademais abriu aos turismos a LU-P-1402 entre Ribeira e Vilaquinte por Quindous

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación pechou este xoves dúas estradas en Ourol e Muras a consecuencia do colapso de dúas pontes danadas pola cadea de borrascas que afectou á provincia nas últimas semanas. Trátase da LU-P-3807, que conecta Bravos e San Pantaleón por Foxo; e a LU-P-6502 entre Vilalba e Chavín pola Balsa. Por outra banda, a institución provincial vén de abrir ao tráfico a estrada derribada en Cervantes polas intensas choivas, a LU-P-1402 que comunica as parroquias de Ribeira e Vilaquinte por Quindous.

Hai dez días, o 9 de febreiro, parte da plataforma desta vía provincial colapsaba á altura de Vilaver a causa da erosión da auga no terreo baixo o pavimento. Nese momento, a institución provincial decidiu seguir os criterios técnicos que recomendaban pechar a estrada neste punto. Unicamente puido circular o transporte escolar, co fin de evitar aos nenos e nenas desprazamentos alternativos excesivamente longos.

Desde o primeiro momento, os técnicos da Deputación buscaron unha solución inmediata e urxente para esta vía, na que se acometeu unha drenaxe provisional para canalizar a auga que baixa polo talude e evitar así que siga colapsando a base do firme. Tamén se traballou sobre o reperfilado e limpeza da marxe contraria á derrubada para facilitar a circulación dos vehículos.

Continúan ademais pechadas ao tráfico as estradas provinciais LU-P-4103, en Pantón, tras un derrube de terra e pedras de gran tamaño sobre o firme; e o tramo vello da LU-P-3501, en Navia de Suarna, pola caída dunha ponte.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...