InicioEconomía'Mans artesás', unha iniciativa para promocionar a artesanía provincial

‘Mans artesás’, unha iniciativa para promocionar a artesanía provincial

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo explicou que “o programa pretende fomentar a presenza da artesanía e dos oficios tradicionais en feiras e actos culturais ou de promoción do territorio e na oferta de actividades formativas ou lúdicas que ofrecen asociacións e colectivos veciñais ao longo do ano”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha un nova iniciativa de promoción da artesanía, o programa Mans artesás, co que profesionais da provincia ofrecerán demostracións, obradoiros e cursos de diferentes oficios tradicionais e manuais.

Cestería, olería, traballo con coiro, técnicas de tecido ou torneado e tallado de madeira son algunhas das actividades incluídas neste programa, que se desenvolverán en función da dispoñibilidade das artesás e artesáns participantes.

O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da área de Artesanía e Deseño Efrén Castro explicou que “o programa pretende fomentar a presenza da artesanía e dos oficios tradicionais en feiras e actos culturais ou de promoción do territorio e na oferta de actividades formativas ou lúdicas que ofrecen asociacións e colectivos veciñais ao longo do ano”.

O responsábel provincial destacou que “a iniciativa amplía o apoio que se ofrece desde a institución provincial a un sector que conserva, difunde e actualiza coñecementos e técnicas que forman parte do noso patrimonio inmaterial e que desenvolve unha actividade económica sostible, ligada ao territorio e ao consumo responsable”

Mans Artesás ofrece a asociacións e entidades sen ánimo de lucro a posiblidade de incluíren demostracions, obradoiros e cursos dentro das súas programacións ou eventos, de forma gratuíta, xa que as artesás e artesáns son retribuídos pola área de Artesanía e Deseño.

– Demostración; destinada a promover a percepción por parte do público en xeral dun determinado labor artesanal nun contexto de desenvolvemento nunha feira, festa ou outros eventos públicos xeralmente vencellados coa promoción da artesanía.

– Obradoiro: espazo de aprendizaxe e práctica dunha actividade artesanal, interactuando co público nun contexto de desenvolvemento nunha feira, festa ou outros eventos públicos vencellados coa promoción da artesanía.

– Curso:  adquisición de coñecementos e habilidades prácticas para desenvolver un oficio artesanal. Terá unha duración máxima de vintecatro horas, establecéndose un mínimo de tres horas por xornada. O número de alumnas e alumnos será, con carácter xeral, dun mínimo de oito e un máximo de doce.

Os profesionais da artesanía que desexen acollerse ao programa Mans Artesás deben inscribirse a través dun formulario de adhesion dispoñible na web cultura.deputacionlugo.gal, no que se especifican os requisitos a cumprir.

As asociacións e colectivos interesados en programar estas actividades deben remitir un correo electrónico a formacion.centrad@deputacionlugo.org cunha antelación mínima de 20 días con respecto á data de inicio da actividade. As solicitudes atenderanse por orde de recepción e até esgotar o orzamento previsto, de 70.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...