InicioEconomíaA Deputación de Lugo  mellorou máis de 35 quilómetros da LU-P-1611 desde...

A Deputación de Lugo  mellorou máis de 35 quilómetros da LU-P-1611 desde o 2020

PUBLICADA O

- Advertisement -

As obras do cinto comarcal, a LU-P-1611, á altura do concello do Corgo, xa están rematadas logo dun investimento que supera o medio millón de euros. Neste vial realizaronse obras de pavimentación do firme en dous tramos. Unhas actuacións que se suman as xa realizadas neste vial nos últimos anos.

“Estamos a facer un esforzo investidor enorme nas estradas, destinando o 21% dos nosos fondos este ano a súa mellora, porque a mobilidade é un dos grandes piares da nosa acción de Goberno. Así o demostramos con actuacións coma esta”, destacou o presidente provincial, José Tomé, nunha recente visita a estas obras. 

A actuación, que desenvolve a empresa Francisco Gómez y Cía, abarcou do Alto de Gomeán ata a parroquia de Marei –do punto quilométrico 0,1 ao 5,6- e á altura de Maceda –entre o 6,6 e o 7,5- consistiu na limpeza de cunetas, saneado do firme, pavimentación con aglomerado en quente, reposición da sinalización vertical e pintado da vía. A obra complementouse con outra que a Deputación vén de adxudicar entre os concellos de Begonte e Castro de Rei con preto de 350.000€ e que servirá para mellorar 4,6 quilómetros da vía, á altura da parroquia begontesa de Felmil e ao seu paso pola parroquia castrense de San Xiao de Mos.

As obras do cinto comarcal no Corgo enmárcanse no Plan de mellora das estradas que acondicionarán este ano 280 quilómetros de vías por toda a provincia con máis de 12M€. En concreto, para a LU-P-1611, a Deputación destinará por tramos máis de 2M€.

Nos últimos cinco anos, a Deputación de Lugo impulsou un total de sete proxectos para mellorar en diferentes tramos o cinto comarcal, esencial para as comunicacións da provincia, cun investimento duns 3,65M€. A institución provincial ten mellorado desde o 2020 máis de 35 quilómetros –case o 30%-da LU-P-1611 ao seu paso por Pol, Castroverde, Cospeito, Castro de Rei, Friol, Lugo, Guntín, O Corgo e Begonte. Un esforzo inversor importante nunha estrada que conecta un total de 11 concellos nos seus máis de 131 quilómetros.

ÚLTIMAS

Restablecida a circulación ferroviaria entre Monforte e Lugo tras unha rotura “intencionada” da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no Corgo...

Renfe establece un plan alternativo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo pola rotura da catenaria

A circulación ferroviaria entre Monforte de Lemos e a parroquia de Laxosa, no concello...

Lugo inicia os trámites para abrir o novo comedor escolar de Fingoi II tras o anuncio da Xunta

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Educación, Iria...

Lugo promocionará en FITUR a súa rede museística coa campaña ‘Lugo é o match’

O Concello de Lugo participará de novo na Feira Internacional de Turismo (FITUR), que...