InicioEconomíaO ascensor do Sagrado Corazón estará operativo en maio

O ascensor do Sagrado Corazón estará operativo en maio

O Concello adxudica as obras do ascensor do Sagrado Corazón, que comezarán en xaneiro, cun prazo de execución de catro meses

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo adxudicou as obras de instalación do ascensor do barrio do Sagrado Corazón, que comezarán a acometerse o vindeiro mes de xaneiro. Así o anunciou a alcaldesa, Lara Méndez, ante os veciños e veciñas que participaron nun encontro de participación e transparencia con Deputación e goberno local. A construción ten un prazo de execución de catro meses, polo que previsiblemente a infraestrutura estaría operativa en maio.

Os traballos foron adxudicados por un importe de 240.000 euros á empresa Construcciones Alea, cantidade algo inferior á consignada inicialmente. O ascensor do Sagrado Corazón dará servizo a case un milleiro de habitantes da contorna do barrio. Tamén se beneficiarán desta dotación outras persoas que acudan ao barrio, que conta con diversos servizos básicos, como o colexio, o centro de saúde ou o centro de convivencia.

A estrutura quedará instalada á beira da escalinata da Avenida Adolfo Suárez, que salva 6,75 metros ata a igrexa; secasí, a intervención que plantexa o Concello abrangue 11 metros de desnivel a través dunha plataforma.

O ascensor constará por tanto de tres paradas: a rúa inferior, a praza da igrexa e a cota superior, que enlazará co soportal a carón do CEIP Sagrado Corazón. O segundo nivel contará cunha plataforma de 5 metros, mentres que a do terceiro acadará os 16 metros.

A instalación construirase cun formato panorámico. En total, a intervención abrangue 320 metros cadrados.

Modelo de mobilidade para Lugo

Recreación do ascensor que irá instalado no Sagrado Corazón | Concello de Lugo
Renderizado do ascensor que irá instalado no Sagrado Corazón | Concello de Lugo

Como explicou a rexedora, o executivo “cumpre cunha forte demanda cidadá” con esta dotación, que “mellorará a comodidade das persoas que viven nesta zona da cidade e tamén das que nos visitan, sobre todo a das persoas maiores, que a día de hoxe se encontran con moitas dificultades pola orografía para desprazarse a outras zonas da cidade”.

Hogano, o Concello ten en marcha obras en materia de mobilidade por valor dun millón de euros, como lembrou Méndez; entre elas, a instalación do ascensor de Fontiñas, a peonalización do entorno da praza da Milagrosa, a reordenación do enlace da rúa Mar Cantábrico con Santo Graal e Poeta Manuel María, ou os aparcadoiros disuasorios.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...