InicioEconomíaO Goberno autoriza un parques eólico en Xermade, Vilalba e Guitiriz

O Goberno autoriza un parques eólico en Xermade, Vilalba e Guitiriz

'Santuario' enmárcase en Xermade, Vilalba, Guitiriz e tamén nas Pontes. Trátase dunha instalación con 161 megawatts, composta por 23 aeroxeradores.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou este xoves no Boletín Oficial do Estado (BOE) a autorización para a construción de dous parques eólicos nos municipios das Pontes de García Rodríguez, Xermade, Vilalba e Guitiriz.Ambos, ‘Tesouro’ e ‘Santuario’, son proxectos de Enel Green Power España.

‘Tesouro’ está situado nas Pontes e conta cunha potencia de 50,4 megawatts, con sete aeroxeradores de 170 metros de diámetro e unha altura de 115 metros. ‘Santuario’, pola súa banda, enmárcase en Xermade, Vilalba, Guitiriz e tamén nas Pontes. Trátase dunha instalación con 161 megawatts, composta por 23 aeroxeradores de 170 metros de diámetro e 115 de altura.

Estas autorizacións de construción, segundo recolle o BOE, non son firmes. É posible interpor recurso de alzada no prazo dun mes. O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, valorou “positivamente” estas autorizacións administrativas, informa o Consistorio nun comunicado. “Supón a constatación de que As Pontes é a referencia de xeración de enerxía tanto convencional como renovable, adaptándose ao novo modelo enerxético da Unión Europea e do Estado“, apunta o rexedor.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...