InicioEconomíaO BNG esixe ao Goberno que cumpra os seus compromisos para que...

O BNG esixe ao Goberno que cumpra os seus compromisos para que Lugo “non quede marxinada” en materia ferroviaria

Néstor Rego confía en que a "decisión unilateral" do Executivo de prorrogar os Orzamentos de 2024 "non afecte" aos acordos pactados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, instou este venres ao Goberno central a que “cumpra” os compromisos pactados con Lugo en materia de infraestruturas e ferroviaria a pesar da súa “decisión unilateral” de prorrogar os Orzamentos Xerais para evitar que a cidade “quede marxinada”.

Nunha rolda de prensa convocada este venres, na que Rego estivo acompañado das deputadas provinciais Olalla Rodil e Montse Valcárcel e do tenente de alcalde, Rubén Arroxo, o deputado do BNG no Congreso fixo público o seu convencemento de que a ausencia de Orzamentos para 2024 non debe afectar á execución das “cuestións recollidas no acordo de investidura”.

Uns compromisos, adiantou Rego, que serán abordados “a próxima semana” na reunión da Comisión de Seguimento do Acordo de Investidura, e que contemplan a modernización da liña ferroviaria Lugo-Ourense –comprometida en 2020–; o “estudo operativo para a modernización da liña entre Lugo e A Coruña”; e o “estudo de viabilidade” da conexión ferroviaria entre Lugo e Santiago.

“Estamos a falar de partidas que non son partidas de investimentos. Nos orzamentos prorrogados hai capacidade suficiente para poder licitar os estudos de maneira que nos orzamentos do ano 2025 e seguintes se poidan empezar a executar as actuacións que vaian sendo definidas neses estudos”, argumentou Néstor Rego.

Unhas actuacións “fundamentais” en materia ferroviaria, puntualizou o deputado nacionalista no Congreso, chamadas a potenciar “o desenvolvemento social e económico da cidade, a comarca e a provincia” nunha aposta por “os servizos de transporte público máis sustentables”. “Desde o BNG imos seguir traballando para que Lugo non quede atrás, para que Lugo non quede marxinada e para que Lugo teña as infraestruturas que corresponden ás súas necesidades”, finalizou, a modo de conclusión, Néstor Rego.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

A Deputación destina un millón de euros para o equipamento da residencia de Becerreá

  A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación do...

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...