InicioEconomíaA nova Relación de Postos de Traballo do Concello de Lugo recibe...

A nova Relación de Postos de Traballo do Concello de Lugo recibe o prace da mesa sindical

O concelleiro de Persoal explica que a solución á Escola Municipal de Música está contemplada na nova RPT, que queda da man dos técnicos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Mesa Xeral de Negociación celebrada este mércores aprobou a Relación de Postos de Traballo (RPT) plantexada polo Concello de Lugo. A nova organización profesional do consistorio contou co voto positivo de CC.OO. e CSIF; a UXT abstívose, e a CIG opúxose. O representante de USTG estivo ausente na votación por mor de asuntos persoais.

O concelleiro de Persoal, Daniel Piñeiro, aclarou aos sindicatos que a solución para continuar prestando o servizo da Escola Municipal de Música con empregados municipais pasa pola aprobación desta nova RPT. Era o paso a seguir, explicou o edil, debido á sentenza xudicial que anula a modificación puntual de 2012. 

Prazas a tempo completo

Entre outras medidas, a RPT proposta inclúe un plan de ordenación de recursos humanos para amortizar as prazas de músicos a tempo parcial, e crear despois outras novas a tempo completo coas funcións de músicos e docencia, que quedarán asignadas provisionalmente ata que os traballadores se sometan a un proceso interno para a designación definitiva. 

Tralo prace da mesa sindical, o procedemento continúa agora coa solicitude por parte do goberno local dos informes técnicos preceptivos dos servizos municipais de Persoal e Intervención. Logo da aprobación inicial en xunta de goberno, abrirase un prazo de vinte días naturais para presentar alegacións. De rexistrarse, resolveranse para a continuación proceder á aprobación definitiva do documento, tamén en xunta de goberno.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...