InicioSociedadeCSIF acusa ao Consorcio de Bombeiros de Lugo de "persecución" a un...

CSIF acusa ao Consorcio de Bombeiros de Lugo de “persecución” a un membro do comité de folga

CSIF tacha de "sen sentido" que o Consorcio "decida amoestar a un traballador por cumprir coa súa responsabilidade e advertir da falta de efectivos coa preparación necesaria para facer fronte a calquera emerxencia, en aras de garantir a seguridade tanto dos demais membros do servizo como da cidadanía".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) acusa ao Consorcio de Bombeiros de Lugo de “presumible persecución” a un bombeiro do parque de Vilalba tras abrirlle un expediente informativo que podería derivar en expediente disciplinario, segundo sostén, por trasladar en días pasados a incidencia cun efectivo que non contaba coa capacitación e idoneidade para o desempeño das súas funcións.

Nun comunicado, CSIF tacha de “sen sentido” que o Consorcio “decida amoestar a un traballador por cumprir coa súa responsabilidade e advertir da falta de efectivos coa preparación necesaria para facer fronte a calquera emerxencia, en aras de garantir a seguridade tanto dos demais membros do servizo como da cidadanía”.

O sindicato defende que o traballador actuou con dilixencia e responsabilidade, polo que entende que detrás da resposta do Consorcio “pode haber motivos que nada teñen que ver cunha falta pola súa banda, senón cunha posible represalia debido ao conflito que enfronta nestes momentos a xerencia e bombeiros, en folga desde o pasado mes de xuño“. E é que esta persoa é delegado sindical desta CSIF, membro do comité de empresa e actualmente membro do comité de folga. Ademais, o día dos feitos, exercía de xefe de quenda no parque de Vilalba.

Segundo relata nas alegacións presentadas ao expediente informativo, o profesional comunicou a falta de preparación da persoa enviada de apoio ao parque despois de falar con ela e esta “recoñeceu que descoñecía e non sabía manexar o vehículo de altura (ABA) con brazo articulado e cesta; que non sabía conducilo nin estabilizalo nin estaba capacitada para subir á cesta para traballos en altura”. A deficiencia comunicada tiña dous precedentes de días anteriores, xa que outros dous xefes de parque trasladaron a mesma queixa respecto da falta de preparación desta persoa ao Consorcio, explica CSIF.

Tras recibir a comunicación, o Consorcio procedeu a enviar outra persoa de reforzo, polo que para CSIF resulta “aínda máis inxustificada a posterior apertura dun expediente informativo como advertencia dunha posible e futura responsabilidade na súa denuncia”, “cando o realmente reprochable sería ao contrario: o non pór en coñecemento dos organizadores do servizo a circunstancia mencionada de falta de capacitación do persoal”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...