InicioEconomíaAvances na tramitación da intermodal de Lugo: a terminal de buses e...

Avances na tramitación da intermodal de Lugo: a terminal de buses e o aparcadoiro licitaranse este ano

A terminal terá unha superficie de 550 m2 e distribuirase en dúas plantas. Na parte de dársenas disporase un interior con espazos diáfanos nos que se atopen as zonas de atención a viaxeiros ou a cafetaría e a planta superior destinarase a usos administrativos e instalacións da xerencia da terminal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Goberno galego aprobou o proxecto da terminal de autobuses da estación intermodal de Lugo, que suporá un investimento autonómico que rolda os 13,7 millóns de euros, segundo avanzou o presidente galego, quen avanzou novos pasos antes de que finalice este 2024. En concreto, a Xunta prevé licitar conxuntamente as obras da terminal de autobuses e do aparcadoiro subterráneo antes de finalizar este ano. Rueda agregou que, deste xeito, quedarían adxudicadas “na primeira parte” de 2024, e iniciaríanse ao longo deste exercicio.

O acordo do Executivo autonómico deste xoves culmina así a tramitación urbanística do proxecto ao amparo da Lei 3/2016, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese, que permite reducir os prazos de tramitación. Deste xeito, o Goberno galego ordena o inicio do procedemento de alteración da ordenación urbanística, conforme a Lei do solo de Galicia, e avanza cara á dotación á cidade de Lugo dunha nova infraestrutura de transporte esencial como nexo de comunicación e garante “dun modelo de mobilidade máis sustentable”.

Ao amparo do convenio asinado o pasado mes de marzo con Adif e co concello de Lugoo Goberno galego vaise a facer cargo da construción e financiamento da terminal de autobuses, que formará parte da futura estación intermodal. A Xunta financia o 100 % da construción dun edificio de viaxeiros e unha zona de dársenas con capacidade para 18 autobuses, máis cinco de regulación, cun investimento de 8,5 millóns de euros.

A terminal terá unha superficie de 550 m2 e distribuirase en dúas plantas. Na parte de dársenas disporase un interior con espazos diáfanos nos que se atopen as zonas de atención a viaxeiros ou a cafetaría e a planta superior destinarase a usos administrativos e instalacións da xerencia da terminal.

FINANCIAMENTO DO APARCADOIRO

Pero ademais, Rueda destacou que a Xunta vai asumir case o 40 % do custo (o 37,50 %), por tanto 4,7 millóns, para construír o aparcadoiro da intermodal (xusto debaixo da terminal de autobuses) con 240 prazas. Segundo explicou, a Xunta “incrementa nun 50 %” a contía que lle correspondería destinar polo financiamento da terminal de autobuses, xa que afronta tamén parte dos custos do aparcadoiro, que é un proxecto de Adif. “A previsión é iniciar as obras no ano 2024, de maneira coordinada cos traballos da estación do ferrocarril, que lle corresponde executar a Adif”, remarcou o presidente galego.

ÚLTIMAS

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...

Lugo Monumental leva á UE a peonalización do centro: “Mala xestión, danos e máis de 100 comerciantes feridos”

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, expuxo, ante a Comisión de Peticións da...