InicioEconomíaCorenta anos despois, o tapón da Avenida da Coruña é historia

Corenta anos despois, o tapón da Avenida da Coruña é historia

O Concello de Lugo asumiu a expropiación e demolición de 172 metros cadrados de tapón urbanístico nunha das arterias da cidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

En agosto, o Concello comezaba unha obra longamente agardada pola cidadanía de Lugo, a supresión do tapón urbanístico da Avenida da Coruña. Tres meses máis tarde, o bloque que ameazaba o paso seguro dos peóns pola estratéxica vía é cousa do pasado. Coustou corenta anos resolver a aberración parcelaria.

O gabinete de Lara Méndez solventa así a histórica demanda da veciñanza da Avenida da Coruña, das rúas máis transitadas da cidade. A importancia da intervención acrecéntase polo carácter comercial da zona, conexión entre varias áreas residenciais e importantes servizos. O resultado foi apreciado en directo pola alcaldesa e mailo concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez.

Para executar os traballos foi precisa a expropiación de terreos en tres parcelas, conlevando indemnización para dezaséis propietarios e outra para Acrobasing S.L. pola extinción dun valado de uso publicitario. En total, foron 172 metros cadrados de superficie sen aliñar e un importe compensatorio de 60.000 euros.

Despois, o esforzo de demolición, corrección e urbanización da beirarrúa supuxo un investimento engadido de 36.000 euros, resultando nun amplo espazo público na Avenida da Coruña, e que antes constituía un perigo para os viandantes. Os prazos previstos cumpríronse satisfactoriamente, cun aforro de catro mil euros sobre o orzamento inicial.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...