InicioEconomíaConvocada unha manifestación para o martes dos produtores de carne polos "prezos...

Convocada unha manifestación para o martes dos produtores de carne polos “prezos baixos e altos custes”

A manifestación está convocada para o martes día 18.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Gandeiros Galegos da Suprema convocou unha manifestación polas rúas de Lugo o vindeiro martes, 18 de abril, para protestar por “a situación actual de prezos baixos e altos custos de produción”.

A eles sumaranse os gandeiros de Agromuralla, que aseguraron que comparten os motivos desta protesta. “Estamos todos no mesmo barco, porque unha parte dos ingresos das granxas de leite proceden tamén da venda de carne, tanto vacas como becerros”, afirmou Agromuralla, que pide aos seus asociados que acudan á manifestación do martes.

A asociación considera que tanto os produtores de leite como os de carne están en “desvantaxe” ante as industrias lácteas e os matadoiros á hora de vender os seus produtos. “Os gandeiros non temos capacidade de negociación dos contratos, demostrouse agora claramente na renovación dos contratos lácteos, cunha baixada unilateral por parte das industrias e o mesmo ocorre coa compra de vacas e tenreiros por parte dos matadoiros”, asegura.

Nesta mesma liña, Agromuralla insiste en que “a Lei da Cadea Alimentaria segue sen protexer aos produtores primarios”. Por iso, esixe unha “actuación decidida” por parte das administracións, tanto da Xunta como do Ministerio de Agricultura.

Por outra banda, asegura que ademais das marxes negativas que afirman padecer nestes momentos os produtores de carne e que “durante anos sufriron tamén os gandeiros de leite”, a reforma da PAC que entra en vigor este ano é “outro dos motivos de preocupación” para o sector.

Sobre isto, relatou que a nova PAC para o período 2023-2027 “segue sen beneficiar a Galicia” e denunciou que a repartición de fondos “segue sen primar aos produtores profesionais que viven en exclusiva da actividade agrogandeira”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...