InicioEconomíaBaixa a venda de coches usados en Lugo

Baixa a venda de coches usados en Lugo

A provincia rexistra a maior baixada de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As vendas de coches de segunda man en Galicia alcanzaron as 6.826 unidades no mes de xaneiro, o que supón un 5,6% menos que no mesmo período de 2022, segundo datos publicados este luns pola Asociación Nacional de Comerciantes de Vehículos (Ancove), recollidos por Europa Press.

Por provincias, na Coruña comercializáronse 2.735 turismos de ocasión, un 4,6% menos, mentres que en Pontevedra esta cifra alcanzou os 2.430 coches, un 5,7% menos. Ademais, en Lugo vendéronse 889 vehículos usados, un 7,1% menos, e en Ourense, 772 unidades, un 6,5% menos.

A nivel estatal, o mercado de turismos de ocasión subiu un 1,8% o pasado xaneiro en comparación co mesmo mes de 2022 cunhas vendas de 133.292 coches, o que supón un mellor arrinque que o ano pasado cando as vendas aumentaron un 0,9% en xaneiro.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...