InicioEconomíaLugo xa ten orzamentos para 2023, de case 118 millóns, co 'non'...

Lugo xa ten orzamentos para 2023, de case 118 millóns, co ‘non’ de PP e Cs

Lara Méndez di que se reforza o "escudo social" da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno extraordinario deste venres do Concello de Lugo aprobou os orzamentos municipais para o próximo ano, que se aproximan aos 118 millóns de euros –inlcuidos 14 millóns para investimentos–, cos votos en contra do PP e de Cidadáns.

Finalmente, a maioría do goberno bipartito de PSOE, con oito concelleiros, e do BNG, con cinco, sacaba adiante as contas para 2023. A alcaldesa, Lara Méndez, facía unha “valoración moi positiva” duns orzamentos que “se seguen incrementando” para “seguir profundando na recuperación económica e na transformación” da cidade.

Méndez destacou “a protección e o escudo social” que contemplan estas partidas, “de case 30 millóns de euros que van dedicadas a políticas sociais para protexer a toda a cidadanía pero sobre todo aos máis vulnerables”. Tamén presumiu da conxelación de taxas e impostos municipais para o próximo exercicio.

O tenente de alcalde, o nacionalista Rubén Arroxo, puxo o acento en que estas contas “veñen marcadas por unha cuestión moi complicada, que é o prezo da enerxía”. “A pesar diso, imos seguir mantendo a liña, o proxecto que levamos realizando en Lugo neste tres anos que claramente está a cambiar e mellorando a cidade, creando espazos para os veciños de Lugo e pondo en valor o noso patrimonio como é a Muralla, apostando pola cultura local, creando unha cidade máis sustentable”, apostilou Arroxo.

Desde o PP, grupo maioritario con dez concelleiros, o seu portavoz, Ramón Carballo, lamentou que se tratan de “uns orzamentos ficticios, onde gastos e ingresos axústanse dunha forma para que cadren no papel, pero na realidade son uns orzamentos onde non están estudados os ingresos, con desfasamentos moi rechamantes como é o contrato do lixo”.

ÚLTIMAS

Cando as costureiras e modistas fan a historia do país

A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle a mostra “Corcosendo. A...

“Boa noticia para Lugo”, o TSXG confirma que o Concello de Lugo non ten que indemnizar ao promotor do Garañón

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou o fallo do Xulgado do...

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...