InicioEconomíaLugo aproba 118 millóns para o 2023

Lugo aproba 118 millóns para o 2023

PUBLICADA O

- Advertisement -

O orzamento do Concello de Lugo, que conxelará taxas e tributos municipais, rozará os 118 millóns de euros no ano 2023. A alcaldesa, a socialista Lara Méndez, e o primeiro tenente de alcaldesa, o nacionalista Rubén Arroxo, presentaron este luns as contas, que levarán a un pleno extraordinario o venres 16 de decembro.

Méndez destacou que as contas se incrementan “un 10,4% con respecto a 2022. “Son un ano máis uns orzamentos claramente expansivos e sociais que van permitir continuar co impulso crave para Lugo, dentro do plan de recuperación económica da cidade que activamos tras a pandemia”, esgrimiu.

A rexedora puxo o acento en que “se manteñen conxeladas un ano máis as taxas e impostos municipais porque aínda que aumenta o gasto na mellora dos servizos esenciais, non é o momento de impor máis cargas aos veciños”. Tamén soben os investimentos, case un 18 por cento con respecto a 2022 (17,85 por cento), ata chegar aos 14 millóns de euros, “cifra histórica, dirixida moi especialmente á reactivación da economía”, sinalaba Méndez.

PEONALIZACIÓN “INTEGRAL” DO CENTRO HISTÓRICO

Xa o tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, lembrou que “estes son os cuartos presupostos deste mandato e son os últimos da lexislatura, que veñen marcados pola situación que se está vivindo, a que se viviu nestes case tres anos relacionada coa crise que provocou a pandemia, e agora unha nova crise que é a subida dos custos da vida, e moi especialmente o custo das enerxías”.

Nestas contas tamén se reflicte que se destinarán 6,5 millóns de euros na peonalización “integral” do centro histórico ou 1,3 millóns en “humanizacións” na cidade de Lugo.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...