InicioEconomíaO Polo de Rozas xa ten "tres socios estratéxicos": Airbus, Babcock e...

O Polo de Rozas xa ten “tres socios estratéxicos”: Airbus, Babcock e Telespazio,

A Xunta destaca que se trata dunha alianza "público-privada".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello da Xunta autorizou este xoves a firma de senllos convenios coas empresas Airbus, Babcock e Telespazio, que serán o “tres primeiros socios estratéxicos” do polo aeroespacial de Galicia, situado en Rozas (Lugo).

Segundo detallou o presidente galego, Alfonso Rueda, tras a reunión semanal do seu Goberno, tratarase dunha “alianza público-privada” entre a Administración autonómica e este tres compañías que consistirá nunha mobilización total de 283 millóns de euros coa previsión de crear 400 postos de traballo ata 2026.

En total, serán 40 proxectos de I+D no campo dos sistemas non tripulados, para os cales a Xunta achegará unha parte, mentres que a maioría do investimento correrá a cargo das propias empresas.

+ posts

ÚLTIMAS

Presentado o proxecto para crear oito novas rotondas de cara a axilizar o tráfico en Lugo

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo público o proxecto de...

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...