InicioSociedadeO tráfico ferroviario entre Monforte de Lemos e Lugo estará interrompido entre...

O tráfico ferroviario entre Monforte de Lemos e Lugo estará interrompido entre os días 17 e 19 por obras

Haberá plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros afectados

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tráfico ferroviario de viaxeiros entre Monforte de Lemos e Lugo verase interrompido os días 17, 18 e 19 de setembro “debido ás obras de mellora que Adif leva a cabo neste corredor“, informa. Por iso, Renfe estableceu plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros dos servizos afectados.

Adif acometerá durante este período actuacións en infraestrutura (obras de drenaxe, pasos superiores, noiros de trincheiras e túneles) e en vía para permitir a electrificación do tramo entre Monforte de Lemos e Lugo Mercadorías, de 75 quilómetros de lonxitude.

A execución desta fase de obras é “incompatible co tráfico ferroviario, xa que leva consigo o levante da vía e instalacións en varios quilómetros do percorrido para permitir o rebaixe e sostemento nos túneles, ademais da adecuación das pontes existentes para a instalación da catenaria”, informan.

As actuacións que levan a cabo no tramo en servizo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo teñen como obxectivo a optimización das condicións de explotación comercial do traxecto en parámetros tales como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe.

Entre as principais actuacións previstas figuran a adaptación da infraestrutura ás novas condicións de explotación, o cambio de electrificación de 3 kV a 25 kV no tramo Ourense-Monforte de Lemos e a electrificación a 25 kV do tramo Monforte de Lemos-Lugo.

Por outra banda, acometerase neste período a renovación da cabeceira norte da estación de Monforte de Lemos, onde se substituirán 10 desvíos por outros de tipo P de última xeración e a renovación das vías 1, 2, 3 e 4. A electrificación do tramo Monforte de Lemos-Lugo vai ser financiada pola Unión Europea, a través dos fondos NextGeneration.

DESPRAZAMENTO POR ESTRADA

Para os viaxeiros afectados, Renfe estableceu un plan alternativo por estrada os días 17, 18 e 19 de setembro para os servizos afectados.

En concreto, no Tren Alvia con saída de Lugo ás 11,05 e chegada a Madrid-Chamartín ás 16,06 horas farase transbordo por estrada entre Lugo e Monforte de Lemos. No Tren de Media Distancia con saída de Lugo ás 11,05 horas e chegada a Ourense ás 12,55 horas será trasbordo por estrada entre Lugo e Monforte de Lemos.

Para os afectados os días 17 e 18 de setembro será no caso de Tren Alvia con saída de Madrid-Chamartín ás 13,15 horas e chegada a Lugo ás 18,10 horas un transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo e no Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 16,20 horas e chegada a Lugo ás 18,10 horas, transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Lugo.

Para o Tren de Media Distancia con saída de Monforte de Lemos ás 7,11 horas e chegada á estación da Coruña ás 10,12 horas, haberá transbordo por estrada entre Monforte de Lemos e Rábade e para o Tren de Media distancia con saída da Coruña ás 7,03 horas e chegada a Ourense ás 10,35 horas un transbordo por estrada entre Rábade e Ourense.

O plan alternativo para o Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 12,22 horas e chegada a Lugo ás 14,14 horas é realizar todo o traxecto por estrada. No caso do Tren de Media Distancia con saída de Lugo ás 14,25 horas e chegada a Ourense ás 16,13 horas, realiza todo o traxecto por estrada.

Para o Tren de Media Distancia con saída de Ourense ás 19,55 horas e chegada á estación da Coruña ás 23,31 horas será un transbordo por estrada entre Ourense e Rábade e para o Tren de Media Distancia con saída da Coruña ás 19,45 horas e chegada a Monforte de Lemos ás 22,56 horas, transbordo por estrada entre Rábade e Monforte de Lemos.

MEDIDAS POSTVENDA

Para aqueles clientes dos trens de servizos comerciais ofrécese a posibilidade de anular os billetes ou cambialos sen custo adicional se as novas condicións de viaxe non se axustan ás necesidades dos clientes.

O reintegro ou o abono xerado producirase mediante o mesmo medio de pago previamente utilizado para a compra do título de transporte. Adif e Renfe lamentan as molestias ocasionadas aos viaxeiros e lembran, por outra banda, que non se admiten bicicletas nin animais de compañía nos traxectos por estrada afectados.

ÚLTIMAS

Conclúe a inspección da nave de Mazoi calcinada este martes e a empresa desconfía de que fose provocado: “Non sei como prende unha nave...

A Policía Científica deu por concluída este mércores a inspección da nave de reciclaxe da parroquia de...

Morre un peregrino norteamericano en Portomarín

Un peregrino faleceu este mércores no municipio lucense de Portomarín, segundo informou a Garda...

Sociedade Galega de Historia Natural reclama paralizar o proxecto de Altri para Palas de Rei

A Sociedade Galega de Historia Natural emitiu un comunicado no que solicita a paralización...

O BNG presenta máis de 700 alegacións ao proxecto que Altri expón para implantar en Palas de Rei

O BNG presentou na Xunta máis de 700 alegacións contra o proxecto que Altri quere implantar en Palas...