InicioA UlloaO PSdeG pide "claridade" á Xunta en relación ao proxecto de Altri

O PSdeG pide “claridade” á Xunta en relación ao proxecto de Altri

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, avisou á Xunta de que “non se pode xogar coa xente” en relación co proxecto de Altri ao anunciar a súa localización en Palas de Rei antes de ter garantida a solvencia, polo que considera que “hai que ser serios”.

En declaracións este sábado en Santiago, Formoso reafirmou a posición “clara e rotunda” do partido para a “defensa dos proxectos solventes para Galicia”, pero subliña a “importancia” da “seriedade e claridade”.

“Altri, primeiramente, estaba garantido que se ía a instalar na Mariña; despois estaba garantido que se vai a montar en Palas de Rei, despois xa non está tan garantido porque depende de fondos europeos e despois depende de que se acheguen 200 millóns de fondos europeos”, quéixase Formoso.

“No caso de Altri, non falan con claridade, non se pode xogar coa xente”, aseverou Formoso. Así mesmo, o secretario xeral do PSdeG emprazou á Xunta a que realice un apoio no caso de ser necesario un “suplemento” de fondos autonómicos para que os proxectos previstos saian adiante. “Non podemos permitir que por 15 ou 20 millóns de euros non se instale un proxecto que pode diversificar o sector forestal galego”, manifestou Formoso.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...