InicioEconomíaFormalizadas as obras de adecuación de seis túneles da A-6 e N-120...

Formalizadas as obras de adecuación de seis túneles da A-6 e N-120 en Lugo

As actuacións, financiadas cos fondos NextGenerationEU, procuran adecuar as infraestruturas mencionadas aos requisitos de seguridade e vialidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana formalizou o contrato de adecuación e mellora das condicións de seguridade, vialidad e circulación dos túneles de Neira, San Pedro, Doncos e Cereixal na autovía A-6 e tamén na N-120, na provincia de Lugo, por 8,4 millóns de euros.

As actuacións, enmarcadas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e financiadas cos fondos NextGenerationEU, están encamiñadas a adecuar as infraestruturas mencionadas aos requisitos de seguridade e vialidade establecidos no Real Decreto 635/2006, de 26 de maio.

O Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia conta cun orzamento de 357 millóns de euros para adaptar túneles á normativa europea e para potenciar a protección da fauna e os usuarios vulnerables.

En concreto, financiará actuacións en túneles da Rede de Estradas do Estado centradas na mellora de saídas de emerxencia, sinalización, balizamento, iluminación ou ventilación entre outras medidas.

+ posts

ÚLTIMAS

Volve o servizo madrugador entre Lugo e Madrid de Renfe

Renfe modificará a partir do próximo 20 de maio o horario do tren Alvia...

Gandeiros do SLG protestan contra a baixada de prezos do leite diante de Lactalis

Gandeiros do Sindicato Labrego Galego (SLG) protestaron ante a fábrica de Lactalis, no municipio...

O PP di que “o grande éxito de Miguel Fernández son nove meses de xestións para cambiar un tren de hora”

O voceiro do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, amosouse moi...

Denuncian intento de agresión con arma branca a un funcionario da prisión de Monterroso

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) denunciaron o intento de agresión con...