InicioCulturaNovo proxecto artístico arredor das redeiras impulsado pola Rede Museística

Novo proxecto artístico arredor das redeiras impulsado pola Rede Museística

O proxecto concibe o proceso creativo como un acto de escoita e produción conxunta no que a artista e as redeiras traballan en horizontalidade, e que contará con diferentes fases

PUBLICADA O

- Advertisement -

A creación  contemporánea e o coñecemento artesanal das redeiras de Burela conxúganse no proxecto artístico “Facer territorio atando cabos”  de Irene Trapote e Sergio Marey, impulsado pola Rede Museística Provincial.

A deputada de Cultura Iria Castro, o tenente alcalde de Burela Marío Pillado e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade Sandra Fernández Cillero, acompañados pola xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago, visitaron esta mañá a nave de redes do porto de Burela, onde artistas e redeiras comparten xornadas de traballo co obxectivo de crear unha obra artística.

O proxecto concibe o proceso creativo como un acto de escoita e produción conxunta no que a artista e as redeiras traballan en horizontalidade, e que contará con diferentes fases. A primeira,  que se desenvolve nestes días, céntrase na recollida de testemuños orais e documentación gráfica e audiovisual. As redeiras tamén poderán participar na creación e produción da peza final, que se inaugurará o 17 de xuño no Museo do Mar de San Cibrao.

O proxecto reivindica o valor dos oficios feminizados, historicamente relegados ao ámbito doméstico ou considerados “complementarios”, e propón unha lectura feminista do traballo manual vinculado ao mar.  As redeiras  aparecen como portadoras dun coñecemento  artesanal que forma parte do ADN cultural e emocional da Mariña.

Enmárcase dentro do programa “Soterradas” da Rede Museística , que inclúe diversas intervencións artísticas e proxectos expositivos centrados en visibl

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...