InicioEconomíaO Concello de Palas de Rei xa conta con leira para a...

O Concello de Palas de Rei xa conta con leira para a fábrica de Altri

O terreo é un solar "moi grande, dunha peza, que se atopa á beira da autovía" a Santiago.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Palas de Rei xa conta coa “leira” onde finalmente se situará a fábrica de fibras téxtiles que a multinacional portuguesa Altri prevé emprazar en dito municipio. Así o asegurou o alcalde de Palas, Pablo Taboada, quen comentou que “todo vai segundo o previsto” tras unha visita dos directivos da multinacional que “estiveron a ver as localizacións, accesos e servizos que haberá que facilitar á parcela”.

“Sobre todo estanse mirando todas as posibilidades urbanísticas que pode haber por se hai que facer unha modificación puntual do plan (urbano) e a ver que tipo de figura se elixe para a industria que se vai implantar”, subliñou.

Taboada confirmou, a continuación, que “ao final a leira que decidiron é unha leira entre Palas e Melide, que linda case con tres provincias: Lugo, A Coruña e Pontevedra“. Trátase dun solar “moi grande, dunha peza, que se atopa á beira da autovía porque a autovía (a Santiago) cruza esa leira por unha esquina”, concretou.

Así mesmo, o alcalde de Pas puntualizou que “agora hai que empezar con toda a tramitación administrativa dado que é un proxecto supramunicipal e logo ver se hai que facer algunha modificación do plan para adaptalo á singularidade da fábrica”.

INICIO DE OBRAS

Finalmente, incidiu en que o “escenario” é que en “dous anos ou dous anos e medio” estea operativa a planta, cuxas obras poderían comezar “nun ano”, estimou Taboada.

“Tamén hai que ver como van os fondos Next Generation porque esta fábrica é candidata á recepción deses fondos, e tamén haberá que ver os prazos que se marcan desde Europa para a súa execución”, concluíu.

A leira escollida conta con case 200 hectáreas, máis ou menos a superficie calculada por Altri para a construción da planta de fibras téxtiles en Palas de Rei.

+ posts

ÚLTIMAS

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...

A Semana Santa de Lugo sairá á rúa con 12 procesións e o apoio da Deputación

O deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Declaración de Praia, reforzo entre mandatarias locais de Galicia, Cabo Verde e Mozambique

O II Encontro Internacional de Mulleres Electas ‘As Elixidas’, celebrado na cidade de Praia,...