InicioEconomíaMedio cento de vehículos de distribución concéntrase en Lugo por Internet para...

Medio cento de vehículos de distribución concéntrase en Lugo por Internet para “buscar xustiza para o sector”

O sector da distribución en Lugo, adherido a Adislugo, conta cunhas 60 empresas e 600 vehículos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Sobre medio centenar de vehículos do sector da distribución en Lugo, agrupados baixo o paraugas da Asociación da Distribución de Lugo (Adislugo), arrincou a súa xornada deste luns cunha concentración sobre as 8,30 horas na Rolda da Muralla co fin de “buscar xustiza” para este colectivo ante as dificultades económicas e laborais actuais.

O presidente de Adislugo, Eloy García, constatou que a mobilización foi “espontánea”, que se convocou a través das redes sociais. “Fíxose un comentario nas redes e díxose imos saír así, que a xente que faga (as rutas de) Lugo que salga á mesma hora, ás oito e media na Rolda. Concentrámonos e logo cada un foi a repartir polo seu lado. Queriamos ter visibilidade”, subliñou.

Esta “mobilización”, xa advertiu que podería ser a antesala dun “paro”. “Para que se nos vexa”, afirmou, e se identifiquen as reivindicacións que expón este sector. Entre outras demandas, enumerou “o que vive toda a cidadanía” pero que resulta “máis complicado” para eles, “como é a subida do combustible“. “Porque ademais nós temos o dobre do custo porque temos preventa e repartición”, abundou.

Outra petición pasa “polo problema co persoal de 60 anos, un repartidor con 67 anos non pode traballar collendo pesos de ata sesenta quilos”. “Polo que hai que buscar xustiza para o sector e que o noso persoal se poida xubilar, sen perder dereitos, a partir dos 60 anos”, dixo. A isto súmase “os problemas xurídicos” coas multinacionais coas que traballan. “Despois de anos traballando con eles déixannos e estamos ante unha indefensión xurídica”, aseverou.

Finalmente tamén chama a atención sobre o que, igualmente, supón “repartir nas cidades onde cada día” teñen “máis complicacións”, sinalou Eloy García. O sector da distribución en Lugo, adherido a Adislugo, conta cunhas 60 empresas e 600 vehículos para desenvolver o seu traballo na provincia e tamén na parte occidental de Asturias.

ÚLTIMAS

Morre un home tras ser rescatado inconsciente dun río en Chantada

Un home faleceu na tarde deste martes tras ser rescatado inconsciente no embarcadoiro de...

Así quedou restaurado o mural de Lugo por Palestina tras ser atacado

"O pasado domingo 14 rematouse de pintar un mural en apoio a Palestina e...

Dous homes investigados por pescar troitas con electricidade no río Rodil

A Garda Civil investiga a un veciño da Fonsagrada, de 72 anos, e a...

Detidos dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos de cobre nunha empresa

A Garda Civil detivo en Vilalba a dous veciños de Lugo acusados de roubar 200 quilos...