InicioEconomíaAs comarcas Lugo-Sarria son líderes en Galicia na venda de madeira de...

As comarcas Lugo-Sarria son líderes en Galicia na venda de madeira de piñeiro

O pasado ano facturouse 19,2 millóns de euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

No ano 2021, os propietarios forestais de Galicia facturaron ao redor de 291,8 millóns de euros por venda de madeira, segundo as estimacións da Asociación Forestal de Galicia, elaboradas a partir dos datos de tallas da Consellería do Medio Rural. Esa cifra supón ao redor dun 29% máis que o facturado o ano anterior.

En concreto, informou a Asociación, dos 291,8 millóns de euros facturados polos propietarios forestais, 168,1 millóns corresponden ao eucalipto, 117,8 millóns ás coníferas e ao redor de 5,8 millóns ás frondosas caducifolias, que, máis aló do seu uso para leñas domésticas, continúan tendo un aproveitamento residual para a industria.

O maior aumento en facturación correspondeu ás coníferas, en tanto o eucalipto mellorou en relación ao 2020, pero mantense aínda por atrás das cifras de facturación e tallas do 2018 e 2019. As dúas provincias con maior peso no sector son A Coruña e Lugo, que en conxunto aglutinan tres cuartas partes das tallas de piñeiro e máis do 85% das de eucalipto.

Por comarcas, Santiago-Meseta interior lidera a facturación por tallas de eucalipto (29 millóns de euros); en tanto que Lugo-Sarria é líder en piñeiros (19,2 millóns de euros) e en frondosas (960.000 euros).

AUMENTO DE PREZOS

O aspecto máis destacado do último ano, explica a asociación, foi o aumento progresivo dos prezos na madeira de piñeiro, que se intensificou no segundo semestre do 2021. “Este aumento debeuse á situación do mercado internacional, no que se produciu unha mellora da demanda que favoreceu tanto ás coníferas galegas como ás do resto de Europa”, subliñan.

Os prezos do piñeiro para serra sitúanse xa ao redor dun 40 a 50 por cento por encima dos rexistrados no 2020, segundo os datos que manexa a Asociación Forestal de Galicia. En rolla de piñeiro, o prezo sitúase no arco de 42-51 euros/metro cúbico, en tanto a rolla selecta, con diámetros superiores a 40 centímetros, móvese nos 66-71 euros; e o puntal para trituración rolda os 18-25 euros.

En eucalipto, o mercado experimentou menores cambios no 2021, cunha lixeira suba ao longo do ano pola mellora dos prezos da pasta de papel.

SOBEN TAMÉN AS TALLAS

No 2021 destaca tamén unha lixeira subida no volume da madeira cortada en monte, que se situou na contorna dos 10 millóns de metros cúbicos (9,7 millóns correspondente a propiedades particulares e montes veciñais e ao redor de 300.000 metros cúbicos correspondentes a montes de xestión pública, na súa maioría por convenios con comunidades de montes).

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...

Arquivada a causa contra o loteiro de Lugo investigado por simular un atraco de 400.000 euros

O Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo decretou o sobresemento e arquivo provisional...

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...