InicioEconomíaImportante apoio da Deputación de Lugo a Moexmu

Importante apoio da Deputación de Lugo a Moexmu

O Presidente, José Tomé Roca, recibiu esta pasada semana no Pazo de San Marcos aos organizadores desta cita multisectorial, prevista para os días 1, 2 e 3 de abril. Unha feira que, en palabras de Tomé, "resulta moi importante para impulsar o tecido social e económico de toda a comarca e da provincia”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo recibiu o pasado martes 15 de marzo no Pazo de San Marcos a representantes da Asociación de Comerciantes Empresarios, Profesionais, Gandeiros e Autónomos de Muimenta, aos que ratificou o compromiso da institución provincial de colaborar con achegas económicas que ascenden a un total de 33.000 € para a celebración da Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU), un encontro que volve tras dous anos de parón pola pandemia.

Ademais da achega económica devandita, a institución provincial doará dúas xatas da Granxa Gayoso Castro para a súa poxa nesta cita, encontro de referencia no sector primario galego pola súa presenza de gando, maquinaria e artesanía. 

UNHA FEIRA MULTISECTORIAL

A feira celebrarase os vindeiros días 1, 2 e 3 de abril no recinto feiral Manuel Vila López de Muimenta. O programa para o 2022 conta cun concurso, exposición e poxa de gando frisón e rubio galego, sendo o único concurso de gando frisón que queda na comunidade autónoma. Este ano a MOEXMU tamén acollerá o Concurso Autonómico de Raza Frisona de Galicia, FERIGA 2022 na que participarán explotacións de toda Galicia. Está previsto que nesta edición participen más de 200 animais dunhas 30 explotacións das provincias de Lugo, Pontevedra e A Coruña.

conta cun concurso, exposición e poxa de gando frisón e rubio galego, sendo o único concurso de gando frisón que queda na comunidade autónoma

O presidente da institución provincial destacou que a Deputación colabora con esta iniciativa, que leva dous anos sen poder celebrarse debido á pandemia, “porque é moi importante para o impulso do tecido social e económico de toda a comarca vinculado ao sector primario, no que a provincia de Lugo é unha auténtica potencia”. “MOEXMU axuda a poñer en valor o traballo dos gandeiros e das gandeiras e tamén dos artesáns da comarca, contribuíndo ao desenvolvemento social e económico de Muimenta, da Terra Chá e da provincia”, sinalou finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Cervantes trasládalle á Xunta a “preocupación” pola atención médica na zona

Os concelleiros do PP de Cervantes reuníronse co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño,...

Lugo abre o canil de Frigsa aínda que con limitacións por motivos de seguridade

O Concello de Lugo informou de que a reapertura do canil de Frigsa, aínda...

O profesor acusado de presunto abuso sexual no colexio Albeiros di que todo é unha “confabulación”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a primeira xornada do xuízo que...

O PP de Lugo solicita unha prórroga para presentar alegacións ao Plan de Mobilidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo solicitou ao goberno local,...