InicioLugo e contornaLugoO prezo do aceite de xirasol dispárase ante a caída das reservas

O prezo do aceite de xirasol dispárase ante a caída das reservas

Distribuidores de Lugo aseguran que están a piques de esgotar o stock dispoñible.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sector da distribución de Lugo, que se agrupa baixo o paraugas de Adislugo, apenas conta xa con reservas de aceite de xirasol e avisan de futuros problemas cos cereais, todo iso derivado da guerra en Ucraína. O presidente de Adislugo, Eloy García, constatou que apenas poden comercializar “aceite de xirasol e aceite de fritidora”, o que levou a que aumentasen “as cotas do aceite de oliva”.

Do mesmo xeito, tamén advirte de que poden ter “problemas” cos cereais, aínda que puntualiza que, fóra destas mercadorías, “non” teñen máis inconvenientes de subministración. Do aceite de xirasol, Eloy García sinalou que se pode “contar con algún resto no almacén”, lembrando que eles, “como asociación”, xa avisaron os clientes “fai máis ou menos tres semanas, sobre que estaba bloqueado o porto de Odesa en canto ao embarque de aceite de xirasol para España”.

Unha consecuencia adicional desta carencia é que este tipo de aceite viu como se incrementaba o seu prezo e pasou de estar o litro “a 1,50 a tres euros na actualidade”. Outro problema co que se atopa a distribución é a folga no transporte de mercadorías. Sobre esta cuestión, García confesou que é un “problema tremendo” co que non se “contaba”.

Con todo, entende as reivindicacións dos transportistas polo elevado prezo que pagan polo gasóleo, algo que tamén afecta á distribución. En relación a isto, hai dous meses “pedíuselle á Xunta que botase unha man”, pero aínda están “á espera da súa resposta”, afeou.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...