InicioLugo e contornaLugoCorenta parcelas do polígono das Gándaras recibirán bonificacións do 50% por parte...

Corenta parcelas do polígono das Gándaras recibirán bonificacións do 50% por parte da Xunta

Este foi o anuncio da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, durante a inauguración do centro Bricomart e onde estivo presente tamén a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia oferta no polígono lucense das Gándaras un total de 40 parcelas con bonificacións sobre o prezo de venda do 50%. Así o anunciou este martes a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante o acto de inauguración da nova tenda Bricomart neste parque empresarial de Lugo.

En concreto, a bolsa de chan que acaba de sacar a concurso o Goberno galego nas Gándaras suma un total de 91.745 metros cadrados repartidos entre as 40 parcelas dispoñibles a día de hoxe no tres fases en que se divide o polígono.

A Xunta sinalou nun comunicado que, precisamente, as novas instalacións de Bricomart en Lugo ocupan unha superficie de 25.000 metros cadrados na segunda fase das Gándaras, a mesma superficie que buscaba a empresa para abrir unha nova tenda en Galicia e á que puido acceder no parque lucense, ademais, cunha bonificación do 50% sobre o prezo oficial de venda.

Neste sentido, a conselleira lembrou que o Executivo galego investiu máis de 53 millóns de euros no tres etapas de desenvolvemento das Gándaras, incluídos os terreos adquiridos para planificar un futuro crecemento, e adxudicou dous millóns de metros cadrados repartidos entre 270 parcelas en condicións vantaxosas.

Durante o acto de inauguración, Anxos Vázquez destacou tamén o esforzo realizado pola Xunta “para axilizar ao máximo a posta en marcha destas instalacións”, que se executaron de forma paralela ás obras de urbanización da segunda fase do parque.

Así, a titular de Medio Ambiente enmarcou o compromiso do seu departamento con este proxecto empresarial na súa “importancia” para a cidade e o conxunto da comarca, xa que, por unha banda, ofrece novos servizos ao sector profesional da construción e das reformas, así como á veciñanza lucense, e por outro, contribúe a crear emprego “local”.

APERTURA BRICOMART

Neste sentido, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, tamén expresou que a apertura de Bricomart, cos 82 postos de traballo que xerou, chega “nun momento de impulso económico da cidade”.

Tras a inauguración deste martes, Bricomart abrirá as súas portas ao público o vindeiro mércores, co que suma 30 tendas en España, a segunda en Galicia tras a apertura en 2015 da de Santiago de Compostela.

No acto de inauguración, xunto á conselleira de Medio Ambiente e a alcaldesa de Lugo, participaron o director xeral de Bricomart España, Antonio Bulido, e o director da compañía en Lugo, Alexandre Choren.

A rexedora de Lugo destacou a aposta da empresa polo municipio “para seguir crecendo en España”. Ademais, asegurou que se trata de “unha excelente noticia” para a dinamización económica e a creación de emprego que se enmarca na aposta do Concello “de impulsar a industrialización, a atracción e empresas e o comercio de proximidade, claves para o presente e futuro de Lugo”.

Así mesmo, Méndez lembrou que o goberno local investiu 20 millóns de euros, o 20% do orzamento total, para tomar medidas nesta dirección, como a Estratexia Lugo Transforma ou iniciativas Plan de Dinamización de Barrios.

ÚLTIMAS

Excarceradas dúas persoas tras chocar frontalmente dous turismos na N-634, ao seu paso por Sancovade

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar aos condutores de dous vehículos tras chocar...

Novos achados no xacemento do S.IX AC de Pobra de Brollón apuntan ao colapso de edificacións por un incendio

Novos achados no xacemento do S.IX AC localizado en Penas do Castelo, parroquia de...

Trasladado un home con síntomas de intoxicación por fume tras un incendio nunha ferraxaría

Un home tivo que se trasladado con síntomas de intoxicación por fume tras un...

Evacuan ao hospital a un peregrino cunha reacción alérxica e convulsións en Portomarín

O helicóptero medicalizado do 061 con base en Ourense evacuou este venres a un...