InicioEconomíaA provincia de Lugo perdeu máis de 90.000 persoas en 50 anos...

A provincia de Lugo perdeu máis de 90.000 persoas en 50 anos situándose á cabeza en despoboamento en España

"É determinante implantar un sistema fiscal especial para o rural", reclaman desde a asociación Galicia Baleira.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo sitúase á cabeza das españolas en despoboamento, tras perder, segundo un estudo publicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE), un total de 96.756 habitantes nos últimos 50 anos.

Estes datos fixeron saltar as alarmas de varias entidades, como o colectivo Galicia Baleira, formado polas federacións de asociacións de veciños de Lugo e Ourense, que reclaman unha intervención “urxente”.

Jesús Vázquez, presidente da Federación provincial de veciños de Lugo, pon o foco da preocupación nas infraestruturas e servizos. “Os datos están aí, e son moi preocupantes”, ha indnicado.

Para solucionar esta situación, “entendemos que é necesaria a intervención das diferentes administracións”. Reclaman a finalización da autovía que une Lugo con Santiago, unha rede ferroviaria “digna e de calidade”, habilitar máis zonas de cobertura de internet e telefonía móbil e dotar ao rural de servizos básicos para o desenvolvemento do seu proxecto de vida como “locais para a terceira idade, puntos de atención infantil ou reforzar o centro de saúde”.

Ademais, Vázquez puntualizou que, igual “ou máis necesario”, que as medidas anteriores faise o poder contar con vantaxes económicas. “É determinante implantar un sistema fiscal especial para o rural”, reclama.

Falan de eliminar intermediarios, potenciar as cooperativas, mellorar a comercialización da agricultura ecolóxica ou incrementar “moi notablemente” o investimento en materia de prevención de incendios, e puntualiza “os incendios non só se apagan no verán, é unha tarefa de todo o ano”.

NOVOS INQUILINOS RURAIS

E mentres uns márchanse do rural, outros buscan nel unha alternativa de vida. Rosi Costoya é unha muller emprendedora que hai case 20 anos traballa por e para o rural galego, máis en concreto para o lucense. Mark Adkinson, o seu marido, é o copropietario da empresa ‘Galician Country House’ e tamén o primeiro británico en asentarse en Rábade.

Desde que este matrimonio aterrou, no 2005, traballan por demostrar por todo o mundo o potencial e a riqueza do rural lucense.

Esta parella dedícase á procura de aloxamento “indistintamente de que sexa un pazo, unha pequena casa de pescadores, unha casa rural, un albergue nas rutas xacobeas ou simplemente unha casa de campo para dar renda solta á imaxinación” para novos inquilinos rurais, habitualmente estranxeiros aos que cariñosamente lles chama “caprichosos”.

Actualmente viven nunha casa que eles mesmos rehabilitaron. “Cando a compramos hai uns anos era unha ruína”, indicou, para apuntar que lles custou 20 meses, pero fixeron o traballo “eles mesmos”.

“Investir en Galicia hoxe é investir nun futuro máis san, calidade de vida, tranquilidade e benestar”, di Costoya, quen se imaxina nuns anos unha Galicia “moi cosmopolita”. Aquí “parece que o tempo se para: tombado nun campo de herba ou á sombra dun enorme castiñeiro, á beira dun río troiteiro, vendo a caída das follas, arrastradas pola suave corrente”, describe.

ÚLTIMAS

Polémica por 300 hectáreas de monte veciñal no paraíso hippie de Negueira de Muñiz

É posible atopar restos de neve nos costados da sinuosa estrada que descende desde...

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...